InicioSANTIAGOBRIÓNBrión acende o Nadal con espectáculo e chocolate quente

Brión acende o Nadal con espectáculo e chocolate quente

Unha xornada festiva cunha actuación de maxia, acendido das luces e reparto de chocolate con churros

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión deu a benvida ao Nadal na tarde-noite do pasado venres coa tradicional cerimonia de acendido das luces. O evento, celebrado no palco da música da localidade, reuniu a numerosos veciños e veciñas, especialmente familias, que gozaron dunha tarde festiva marcada pola actuación do mago Cayetano Lledó e a instalación dun vistoso alumeado navideño.

A xornada comezou coa actuación do mago Cayetano Lledó, quen durante máis dunha hora sorprendeu á rapazada e ás súas familias con trucos de maxia e humor. Tras este entretemento, arredor das sete da tarde, chegou o momento máis agardado: o acendido das luces de Nadal.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, e a concelleira de Cultura, Sandy Sanmartín, subiron ao palco acompañados de Sabela, unha das nenas asistentes, encargada de premer o botón que iluminou o municipio. A elección de Sabela realizouse mediante un sorteo entre os números repartidos entre os cativos asistentes, un detalle que engadiu emoción ao acto.

O alumeado deste ano inclúe elementos emblemáticos que adornan diferentes espazos da vila. Entre eles, destaca un trineo iluminado situado diante da capela de Santa Minia, acompañado da palabra “Brión” e dunha árbore tamén alumeada. Preto da Casa da Cultura, instalouse unha gran bola de luces de Nadal, que captou a atención de moitos veciños para sacar fotografías. Ademais, as fachadas da biblioteca, a Casa da Cultura e o propio edificio do Concello contan con iluminación especial para estas festas.

A actividade concluíu co tradicional reparto gratuíto de chocolate con churros, que serviu para quentar aos asistentes nunha tarde-noite marcada polas baixas temperaturas. Moitas familias aproveitaron tamén para facer fotografías co novo alumeado, inmortalizando así o comezo do Nadal en Brión.

O evento, que combina tradición e participación veciñal, reafirma o compromiso do Concello con ofrecer actividades que unen á comunidade e celebran o espírito destas datas.

ÚLTIMAS

Santiago realiza un simulacro de accidente con catro feridos e un vehículo incendiado no túnel do Hórreo

O túnel do Hórreo foi escenario este martes, 27 de outubro, dun simulacro de accidente...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Unha saída de vía na AP-9 en Santiago obriga a cortar temporalmente un carril

Un accidente de tráfico rexistrado este martes na autoestrada AP-9, ao seu paso polo...

Verea comprométese a mellorar as condicións laborais do SAF de Santiago sen municipalizar o servizo

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse este martes a mellorar...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here