InicioSANTIAGOBRIÓNBrión inaugura a programación cultural de novembro con teatro, música e actividades...

Brión inaugura a programación cultural de novembro con teatro, música e actividades populares

Espectáculos teatrais e eventos para todos os públicos animarán as fins de semana brionesas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión pon en marcha esta fin de semana a súa completa programación cultural de novembro cunha serie de espectáculos gratuítos que inclúen teatro, música e actividades populares. En total, o programa inclúe oito actividades para os venres e sábados, destacando representacións teatrais no centro social polivalente, un magosto tradicional e a segunda edición da Andaina do Terror.

A programación arrincará o venres 8 de novembro, ás 20:30 horas, coa obra ‘Testosterona‘, de Malasombra Produccións. Esta comedia, dirixida a un público adulto, reflexiona sobre a desigualdade laboral de xénero nun medio de comunicación nacional. Dirixida por Xoque Carbajal e protagonizada por Camila Bossa e Luís Iglesia, a obra trata este tema dende un enfoque cómico, con guión da autora mexicana Sabina Berman.

O sábado 9 de novembro, ás 20:00 horas, será o turno da derradeira sesión de Fegateatro 2024, un ciclo de teatro afeccionado que, organizado polo Concello e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), chega ao seu fin despois de sete actuacións. Este último encontro, denominado “Microteatro”, incluirá tres pezas curtas: ‘SOS‘ de Fauna 113, ‘As xoias de tía Ágata‘ de Teatro de Cámara Ditea e ‘…e punto‘ de Porta Aberta Teatro.

Para a seguinte fin de semana, están programadas outras dúas actuacións no polivalente brionés. O venres 15, ás 20:30 horas, Talía Teatro presentará ‘A parábola do Aganzo‘. O sábado 16, ás 20:00 horas, será a quenda do espectáculo musical ‘Boleros del alma‘, a cargo de Julia Vari e Carlos Arévalo.

O ciclo de teatro profesional Outono Cultural continuará o venres 22, ás 20:30 horas, coa obra “Brokeback Sabucedo: paixón entre bestas” de Sal do Teatro. O domingo 30, ás 20:00 horas, pecharase o cartel teatral de novembro con ‘Cortello de amor‘, de Amorodio Teatro.

A oferta cultural completarase co magosto tradicional o venres 29, ás 20:00 horas, que este ano terá lugar na praza contigua á Carballeira de Santa Minia. E o sábado 23 celebrarase a segunda edición da Andaina do Terror, organizada pola asociación O Esquío no Piñeiro en colaboración co Concello de Brión. A actividade, que espertou gran expectación, xa cubriu as 600 prazas dispoñibles e sumou outras 150 para atender a demanda da lista de agarda.

Esta programación cultural busca ofrecer unha variedade de actividades para o disfrute dos veciños e veciñas de Brión, así como dinamizar o concello durante o outono.

ÚLTIMAS

Santiago realiza un simulacro de accidente con catro feridos e un vehículo incendiado no túnel do Hórreo

O túnel do Hórreo foi escenario este martes, 27 de outubro, dun simulacro de accidente...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Unha saída de vía na AP-9 en Santiago obriga a cortar temporalmente un carril

Un accidente de tráfico rexistrado este martes na autoestrada AP-9, ao seu paso polo...

Verea comprométese a mellorar as condicións laborais do SAF de Santiago sen municipalizar o servizo

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse este martes a mellorar...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here