InicioSANTIAGOBRIÓNBrión recibe ás técnicas que ofreceron apoio en Cabo Verde a través...

Brión recibe ás técnicas que ofreceron apoio en Cabo Verde a través do programa Especialistas en Cooperar

O Concello e o Fondo Galego destacan o labor de cooperación para impulsar o desenvolvemento sustentable no municipio de Tarrafal

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión celebrou unha recepción institucional para homenaxear ás dúas técnicas municipais que participaron no programa Especialistas en Cooperar no municipio de Tarrafal, en Cabo Verde, durante o mes de agosto. No acto estiveron presentes o alcalde de Brión, Pablo Lago, e o presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e rexedor de Nigrán, Juan González, quen valoraron o traballo realizado para fomentar un desenvolvemento económico local sustentable e participativo en Tarrafal.

Pablo Lago destacou que “os concellos de Brión e Nigrán somos socios fundadores do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade”, e subliñou a importancia da colaboración entre concellos “para impulsar un desenvolvemento económico sustentable e participativo”. Pola súa banda, Juan González apuntou que o Fondo Galego xa conta con 115 socios, incluíndo as catro deputacións galegas tras a recente incorporación da Deputación de Ourense, e valorou o labor das técnicas “Lola e Carla, que desenvolveron un traballo moi comprometido en Tarrafal, onde se lanzaron varias iniciativas en marcha”.

Durante a súa estadía en Tarrafal, Lola Landeira, axente de emprego e desenvolvemento local de Brión, e Carla Pérez, xefa de brigada de incendios de Nigrán, elaboraron un diagnóstico das necesidades e oportunidades do territorio en contacto directo coa poboación local. Este estudo inicial servirá de base para o desenvolvemento dun programa de cooperación a catro anos financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo (AECID).

Landeira explicou que, para coñecer as necesidades locais, “percorrimos centos de quilómetros en coche e a pé, entrevistándonos con máis de sesenta persoas, desde representantes políticos ata a propia veciñanza, que coñece de primeira man as necesidades, especialmente no sector agrícola e ambiental, co enfoque de xénero”. Pérez destacou a “empatía da poboación polos problemas comúns, como a escaseza de auga, que se poderían solucionar con accións pequenas e que axudarían a fixar a poboación”.

AVALIACIÓN DO PROGRAMA E NOVOS PROXECTOS

O acto contou tamén coa presenza da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade de Brión, Rosa Romero. Despois da recepción, as dúas técnicas participaron na xornada de avaliación do programa Especialistas en Cooperar, tirando conclusións para mellorar a iniciativa na súa próxima edición e propoñendo novas medidas de apoio para Tarrafal.

Esta iniciativa, apoiada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, reafirma o compromiso de ambos concellos con proxectos de cooperación internacional e solidariedade, promovendo solucións que melloren as condicións de vida en comunidades que enfrontan retos específicos como a escaseza de recursos naturais e a necesidade de reter poboación no rural.

ÚLTIMAS

Un percorrido polo simbolismo das estatuas do Mestre Mateo

Dúas estatuas repousan hoxe, senlleiras, no Museo do Pobo Galego. Abraham e Isaac —ou...

O persoal de Viaqua mobilízase en catro concellos galegos ante o “bloqueo” do convenio

O conflito laboral esténdese polos servizos de xestión de auga en Galicia. O cadro...

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE coincidiron este mércores en advertir da evolución...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

A investigación continúa para aclarar as circunstancias da morte da nena de dous anos esquecida nun coche en Brión

A investigación sobre o falecemento dunha nena de dous anos en Brión continúa aberta...

Unha nena de dous anos falece en Brión tras permanecer varias horas no interior dun coche

A comarca compostelá viviu este mércores unha xornada marcada pola conmoción tras o falecemento...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here