InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNA Festa da Filloa de Lestedo é recoñecida como Festa de Interese...

A Festa da Filloa de Lestedo é recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional

O alcalde de Boqueixón recibe en Madrid o diploma que acredita o recoñecemento a esta tradición de máis de corenta anos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Festa da Filloa de Lestedo, no concello de Boqueixón, foi oficialmente recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional. O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, recolleu onte o diploma acreditativo de mans do ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, nun acto celebrado no Teatro Real de Madrid, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Turismo.

Ovidio Rodeiro destacou o traballo realizado polos veciños de Lestedo ao longo de máis de corenta anos, salientando que este recoñecemento supón un premio ao seu esforzo. “Os veciños e veciñas de Lestedo levan décadas traballando nesta celebración, e este diploma é o resultado do seu compromiso coa tradición”, afirmou o alcalde. Tamén expresou o seu agradecemento á Xunta de Galicia, especialmente á Dirección Xeral de Turismo, pola colaboración prestada nos últimos anos para acadar esta distinción.

A Festa da Filloa de Lestedo compartiu protagonismo na cerimonia con outras celebracións que tamén foron recoñecidas. Entre elas, destacou outra festa galega, a Festa da Empanada de Bandeira (Silleda), que tamén obtivo o título de Festa de Interese Turístico Nacional. Ademais, dúas festas galegas foron declaradas de Interese Turístico Internacional: a Festa da Lamprea de Arbo e o Arde Lucus.

O alcalde estivo acompañado na cerimonia por varios representantes do municipio e da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, entre eles Pascual Villaverde e Juan Corral, ademais do concelleiro de Industria, Turismo e Desenvolvemento Local, José Luís Mareque Simón, e o director de Competitividade de Turismo de Galicia, Iván Meléndez Medela.

Este recoñecemento sitúa a Festa da Filloa de Lestedo no panorama turístico nacional, destacando o seu valor cultural e a súa longa tradición popular.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here