InicioSANTIAGOAMESO Día do Deporte reúne no Milladoiro a numerosas familias para promover...

O Día do Deporte reúne no Milladoiro a numerosas familias para promover a actividade física

A xornada organizada pola Concellería de Deportes de Ames ofreceu unha variada programación de actividades deportivas para todas as idades

Publicado o

Xornal de Compostela

O pasado venres, 27 de setembro, celebrouse no Milladoiro a sexta edición do Día do Deporte, unha iniciativa organizada pola Concellería de Deportes de Ames co obxectivo de promover o deporte e a actividade física entre a veciñanza. O evento, que contou coa colaboración da Deputación da Coruña, converteuse nunha cita destacada do mes de setembro, ofrecendo unha ampla variedade de deportes para que os asistentes poidan descubrir e escoller a súa disciplina favorita.

Durante as tres horas e media que durou a xornada, a área deportiva do Milladoiro acolleu actividades dirixidas como aerozumba, spinning e baile moderno, ademais de deportes como piragüismo, atletismo, xadrez, baloncesto, balonmán, fútbol sala, tenis, ximnasia rítmica, patinaxe, judo e taekwondo. A iniciativa tamén contou con inchables para os máis pequenos, creando un espazo lúdico para toda a familia.

Os participantes que se animaron a probar seis ou máis actividades puideron acumular selos, que lles permitiron recibir un agasallo como recoñecemento á súa participación activa no evento.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, subliñou a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar un estilo de vida saudable entre a poboación. ‘Buscamos poñer en valor a importancia de manterse activos, non só para mellorar a forma física, senón tamén para previr enfermidades e incrementar a autoestima e o optimismo’, destacou Señorís, resaltando o impacto positivo que o deporte pode ter na calidade de vida das persoas.

ÚLTIMAS

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

Joaquín Goris amplía o seu contrato co Compos ata 2027

A SD Compostela anunciou a renovación de Joaquís Goris Abelenda por unha tempada máis,...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Concello de Ames garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Adamuz

O Concello de Ames sumouse este luns á convocatoria impulsada pola Federación Española de...

Ames investiu máis de 393.000 euros na mellora das redes de auga, saneamento e drenaxe ao longo de 2025

O Concello de Ames, a través da súa entidade pública Augas de Ames EPEL,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here