InicioSANTIAGOAMESOs socialistas de Ames retoman reunións e anuncian unha homenaxe a Manolo...

Os socialistas de Ames retoman reunións e anuncian unha homenaxe a Manolo Paz

A agrupación destaca o apoio á humanización do Milladoiro e prepara un recoñecemento ao histórico militante o 25 de outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

A agrupación dos Socialistas de Ames celebrou a primeira das súas reunións executivas mensuais abertas á militancia, co obxectivo de avaliar a situación municipal e a xestión do Goberno local. A xuntanza marcou o inicio do curso político e centrouse na revisión das cuestións máis destacadas no Concello de Ames, ademais de acordar unha homenaxe ao histórico socialista Manolo Paz, que terá lugar o próximo 25 de outubro.

Un dos temas principais foi o apoio incondicional dos Socialistas á obra de humanización de Rosalía de Castro no Milladoiro, unha actuación valorada en 4,4 millóns de euros. Segundo o portavoz da executiva do PSdeG-PSOE de Ames, Víctor Fernández, a veciñanza debe saber que os Socialistas son “os únicos que demos a cara pola humanización”, en contraposición ao BNG, ESCO e PP, a quen acusou de “traizón” ao opoñerse á execución deste proxecto fundamental para a localidade.

Outra cuestión tratada foi a gratuidade da AP-9, que será abordada nunha moción presentada polo grupo de goberno no pleno municipal.

Ademais, a agrupación acordou organizar unha homenaxe ao socialista Manolo Paz, recoñecendo a súa longa traxectoria de dedicación, compromiso e lealdade á agrupación de Ames. O acto terá lugar o venres 25 de outubro e contará coa participación da militancia local e doutros representantes socialistas da contorna.

ÚLTIMAS

A Xunta e a USC pactan reformular o Máster en Matemáticas e retomar a súa oferta en 2026-27

A Xunta informou "favorablemente" a proposta do novo Máster en Matemáticas da Universidade de...

Atrasado o cobro da taxa turística para outubro tras a oposición da hostalaría a facelo en agosto

A taxa turística empezará a recadarse en Santiago, finalmente, a partir do 1 outubro...

O PSOE afea ao Goberno local non querer facer outro diagnóstico para a zona de vivenda tensionada

O PSdeG de Santiago afeou ao Goberno local que a súa "primeira resposta" á petición de...

O PPdeG critica ao Concello de Santiago por actuar de “maneira improvisada” para pór en marcha a taxa turística

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reprochou a "maneira improvisada" do Goberno local...

O Concello de Ames celebra o Día do Orgullo LGBTIQ+ cun acto institucional, actividades e premio fotográfico

O Concello de Ames sumouse este sábado á celebración do Día Internacional do Orgullo...

Ames colabora na III Cea Solidaria para mellorar a atención pediátrica do CHUS

O Concello de Ames reafirmou o seu compromiso coa solidariedade e a sanidade pública...

Ames aproba de forma inicial a ordenanza para instaurar as cerimonias de ‘Benvida Social’

O Concello de Ames aprobou de forma inicial, na sesión plenaria deste xoves, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here