InicioSANTIAGOAMESO antigo campo de fútbol de Ortoño contará cunha nova pista de...

O antigo campo de fútbol de Ortoño contará cunha nova pista de patinaxe e zona de eventos

O alcalde de Ames destaca o proxecto como un espazo versátil para acoller actividades deportivas e culturais

Publicado o

Xornal de Compostela

O antigo campo de fútbol de Ortoño está a piques de estrear unha nova vida grazas ás obras de rexeneración que se están a levar a cabo. O proxecto, adxudicado á empresa MERAKI CR SL por un importe de 268.155,30 euros (IVE incluído), inclúe a creación dunha pista de patinaxe e dunha explanada para eventos. Segundo indicou o alcalde de Ames, Blas García, trátase dunha actuación que “fará do vello campo un recinto versátil, preparado para unha multitude de eventos e actividades”.

Esta semana, o alcalde visitou as instalacións acompañado polo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, e pola concelleira de Deportes, Susana Señorís, entre outros representantes municipais e veciñais. García subliñou que Ames, ao ser “o concello máis novo de Galicia e o único que medra”, ten unha demanda crecente de espazos deportivos e culturais, á que este proxecto busca dar resposta.

Pola súa banda, Susana Señorís destacou que esta obra se suma ás recentes melloras nos pavillóns polideportivos e ao investimento realizado no campo de lanzamento de Ventín, co obxectivo de ofrecer á veciñanza as infraestruturas deportivas que demanda.

As obras están na súa fase final e inclúen, ademais da pista de patinaxe, unha explanada asfaltada que poderá ser utilizada para eventos, feiras e cursos de seguridade viaria. Esta zona complementarase coa mellora do acceso ao recinto, a instalación dunha nova liña de alumeado e conexión de auga nos antigos vestiarios, así como a substitución das carpinterías exteriores.

O proxecto de Ortoño súmase a outras actuacións recentes no concello, como o novo campo de lanzamento en Biduído.

ÚLTIMAS

Guinarte podería ser o candidato á alcaldía do PSOE compostelá

O concelleiro socialista Gumersindo Guinarte non pecha a porta a ser elixido polo seu...

O PSOE decidirá no pleno se apoia reprobar a Formoso por apoiar Medicina na Coruña

O Grupo Socialista de Santiago decidirá no pleno municipal do próximo xoves se apoia a proposición...

Estudantes lamentan a “morte das matemáticas en Galicia” tras a desaparición do máster da USC

O Consello do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) lamentou a "morte das...

Mulleres mobilízanse en Compostela para denunciar o xenocidio do pobo palestino

Un grupo de mulleres de Compostela convocou unha mobilización para este xoves 26 de...

Crearanse máis de 200 novas vivendas de promoción pública en Ames

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este venres...

Blas García defende a estabilidade e os avances do goberno de Ames no ecuador do mandato

O Goberno municipal de Ames fixo este luns un balance dos dous primeiros anos...

O alcalde de Ames insiste en pedir eleccións en 2025 para que o PSOE poida “preservar” os concellos

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, volveuse a mostrar este luns partidario de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here