InicioSANTIAGOAMESAs bibliotecas de Ames anuncian a programación infantil para o último trimestre...

As bibliotecas de Ames anuncian a programación infantil para o último trimestre do ano

Contacontos, obradoiros e actividades especiais conforman a oferta de outubro a decembro no Milladoiro e Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames vén de presentar a súa completa programación infantil para os meses de outubro, novembro e decembro, que terá lugar nas bibliotecas de Milladoiro e Bertamiráns. O anuncio foi realizado nun acto ao que asistiron o alcalde de Ames, Blas García, e membros do departamento de Bibliotecas.

A programación comezará o 27 de setembro cun obradoiro de cómic impartido por Santy Gutiérrez na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, durante o trimestre, celebraranse sesións de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos, como “Animais que mudan” en outubro e “Contos montruosos” en novembro. As actividades combinarán entretemento e aprendizaxe con temas como o medio ambiente ou a igualdade.

Os obradoiros para rapaces de 3º a 6º de primaria completan a oferta, destacando propostas como o taller de robótica e electrónica en novembro ou un obradoiro de manualidades de Nadal en decembro. As inscricións para participar son gratuítas pero con prazas limitadas, e os interesados poden reservar a súa praza a través do correo biblioteca@concellodeames.gal ou chamando ás bibliotecas municipais.

A campaña Superlectores tamén volve este ano, poñendo en valor aos usuarios máis fieis, tanto infantís como adultos, e con recoñecementos especiais para os lectores máis asiduos.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here