InicioSANTIAGOAMESAmes inicia o Setembro Lúdico con 140 participantes en tres centros educativos

Ames inicia o Setembro Lúdico con 140 participantes en tres centros educativos

O programa facilita a conciliación familiar e introduce aos nenos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ata o comezo do curso escolar

Publicado o

Xornal de Compostela

Este luns, 2 de setembro, deu comezo unha nova edición do Setembro Lúdico en Ames, que busca facilitar a conciliación das familias do municipio antes do inicio do curso escolar. O programa, que contará con 140 nenas e nenos inscritos, distribúese en tres centros educativos: o CEIP da Maía, con 66 participantes; a EEI do Milladoiro, con 33; e o CEP de Ventín, con 21.

As actividades organízanse en horario de 9:00 a 14:00 horas, con servizos ampliados para quen solicite o programa Bos Días, que comeza ás 7:30 horas, e o comedor, dispoñible ata as 16:00 horas. O programa, que se prolongará ata o 10 de setembro, céntrase este ano en descubrir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a través de xogos e actividades que levan aos nenos e nenas a “viaxar” por distintos países e explorar como cada rexión está traballando para acadar eses obxectivos.

Durante o programa, os pequenos estarán acompañados polas personaxes de Maruxa e Berenguela, que lles guiarán nunha aventura educativa centrada na sustentabilidade, igualdade de xénero e conservación ambiental. Este enfoque busca inspirar aos máis novos a ser axentes de cambio nas súas comunidades.

Ademais, este pasado 30 de agosto concluíu a Escola de Verán, que este ano contou con 1.082 inscricións, sumando a participación nas dúas quincenas dos meses de xullo e agosto.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here