InicioSANTIAGOAMESAmpla participación na Noite das Estrelas de Ames

Ampla participación na Noite das Estrelas de Ames

Máis de 50 persoas disfrutaron da actividade astronómica no alto de San Marcos

Publicado o

Xornal de Compostela

O sábado 10 de agosto, a Aula da Natureza celebrou a Noite de Estrelas, unha actividade dedicada á astronomía que tivo lugar no alto de San Marcos. Esta iniciativa, destinada a todos os públicos, contou cunha notable participación, con máis de 50 asistentes que gozaron dunha noite de observación estelar.

Durante o evento, os participantes tiveron a oportunidade de explorar o ceo nocturno, aprender a identificar constelacións, galaxias e planetas como Venus, Saturno e Xúpiter. O astrónomo Antón Bouzas guiou as observacións e proporcionou información sobre diferentes aspectos da astronomía, desde a observación práctica ata a interpretación simbólica dos corpos celestes.

O concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, expresou a súa satisfacción pola participación e destacou que “estamos moi satisfeitos coa ampla participación que está a ter esta iniciativa, e seguiremos impulsando este tipo de actividades para que toda a veciñanza poida participar”.

Antelo tamén recordou que durante o mes de agosto, a Aula da Natureza ten previstas dúas novas saídas. Estas actividades terán lugar o 16 de agosto no anfiteatro diante da igrexa do Milladoiro e o 17 de agosto no paseo fluvial de Bertamiráns.

ÚLTIMAS

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Detida despois dun accidente en Santiago tras saltar un control da Garda Civil en O Milladoiro

Unha muller foi detida tras sufrir un accidente de circulación na rúa Polonia de...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here