InicioSANTIAGOAMESAmes estrea novo campo de atletismo en Ventín cun investimento de 247.498...

Ames estrea novo campo de atletismo en Ventín cun investimento de 247.498 euros

O novo campo, que transforma o antigo campo de fútbol de Biduído, está deseñado para impulsar as disciplinas de lanzamento e a práctica do atletismo no concello

Publicado o

Xornal de Compostela

Este martes, o alcalde de Ames, Blas García, xunto coa concelleira de Deportes, Susana Señorís, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, realizaron unha visita ao novo campo de atletismo habilitado en Ventín. A visita contou tamén coa presenza dos técnicos do departamento municipal de Deportes e de representantes dos clubs de atletismo locais, David García de Ames Atletismo e Joao Fernández do club de atletismo MillaRaio.

A nova instalación, que se enmarca dentro do Plan Ames Progresa 2021–2023, foi adxudicada á empresa Jardinería Arce SL cun custo total de 247.498,87 euros, IVE incluído. Este proxecto converteu o antigo campo de fútbol de Biduído nun moderno campo de lanzamento destinado á práctica do atletismo, respondendo a unha demanda antiga dos clubs de atletismo do concello.

Blas García destacou a importancia desta nova infraestrutura: “É unha alegría ver rematado este campo de lanzamento polo que tanto ten loitado o Goberno municipal. A nosa intención é seguir traballando para ampliar e mellorar estas instalacións e para impulsar a práctica do atletismo entre os veciños e veciñas, convertendo Biduído nun centro de referencia no ámbito do atletismo para a comarca, a provincia, e incluso para toda Galicia”.

Por parte dos clubes locais, a nova infraestrutura foi moi ben recibida. David García, de Ames Atletismo, indicou: “Este é un paso adiante moi importante para o atletismo no concello, que nos facilitará sobre todo os adestramentos. É o primeiro centro de lanzamentos de Galicia, e o seguinte paso será contar cun centro de tecnificación e converter esta pista nun centro para competicións de lanzamento a nivel galego”.

Joao Fernández, do club de atletismo MillaRaio, tamén celebrou a nova instalación: “Levamos moito anos agardando por esta actuación e por fin agora temos unhas instalacións axeitadas para a práctica do atletismo. Están pensadas principalmente para as disciplinas de lanzamento, pero dispón tamén de instalacións que se poden aproveitar para realizar adestramentos de forma xeral”.

A nova infraestrutura non só mellorará as condicións de adestramento para os atletas locais, senón que tamén servirá para albergar eventos atléticos e competicións, fortalecendo o atletismo na rexión e proporcionando un impulso significativo ao deporte local.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here