InicioSANTIAGOAMESInícianse as obras de humanización da rúa Agrelo en Bertamiráns

Inícianse as obras de humanización da rúa Agrelo en Bertamiráns

O proxecto de 318.097,61 euros mellorará a accesibilidade e priorizará o tránsito peonil e ciclista

Publicado o

Xornal de Compostela

Hoxe comezaron os traballos de humanización da rúa Agrelo, situada en Bertamiráns. Estas obras foron adxudicadas, na Xunta de Goberno Local do 29 de febreiro, á empresa Construcciones D. Ogando, S.L., por un importe de 318.097,61 euros (IVE incluído). O Goberno municipal traballa na mellora e humanización das rúas dos núcleos urbanos e das estradas e vías interiores dos núcleos do rural. Este proxecto enmárcase dentro do POS+ Adicional 2/2023. Deste xeito, dáselle continuidade á humanización da Améndoa central de Bertamiráns, que estivo cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

O obxectivo do Goberno municipal é facer que as rúas e espazos públicos sexan máis amables para a veciñanza coa finalidade de favorecer que os percorridos cotiáns se realicen a pé. Agora, quérese continuar coa humanización da rúa Agrelo, que linda coas rúas Entrerríos e Alcalde Lorenzo xa humanizadas previamente.

O alcalde, Blas García, destaca que “o Concello de Ames vai devolverlle a vida a unha rúa céntrica do núcleo de Bertamiráns que, na actualidade, non está a aproveitar todo o seu potencial. A actuación de Agrelo non é máis que a continuación do proceso de transformación no que o Concello de Ames ten inmersos aos núcleos do Milladoiro e Bertamiráns para facelos máis amables, habitables e no que as persoas recuperen o seu espazo na rúa”.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “a remodelación da rúa Agrelo súmase ás numerosas actuacións que estamos a realizar nos nosos núcleos urbanos para facelos máis humanos e vivibles”.

CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO

As actuacións proxéctanse sobre o sistema viario existente, pensado e proxectado dende a perspectiva do automóbil e teñen por obxecto reverter esta situación en favor do tránsito peonil e ciclista, de maneira que a rúa Agrelo se converta na conexión entre a Améndoa central de Bertamiráns e o paseo fluvial, dando prioridade aos percorridos a pé e en bicicleta fronte ao tráfico rodado. Con este fin dotarase á rúa dun carril en sentido único de circulación, aparcamento en liña e beirarrúas máis amplas.

Tendo en conta as características actuais da rúa, divídense as actuacións en tres treitos. O primeiro é o treito que entronca coa rúa Entrerríos que contará cun carril de 3,50 metros, unha banda de aparcamento de 2,50 metros e beirarrúas de 5,50 metros e 2,50 metros nas marxes esquerda e dereita, respectivamente.

No segundo treito que entronca coa rúa Alcalde Lorenzo disporase un carril de 3,50 metros, dúas bandas de aparcamento en liña de 2,50 metros e beirarrúas de 3,00 metros e 2,50 metros nas marxes esquerda e dereita, respectivamente. Por último, no treito intermedio disporase unha zona de convivencia do tráfico peonil e rodado nunha plataforma elevada, co fin de dar continuidade ao itinerario peonil e ciclista dende a Améndoa central cara o paseo fluvial.

XUNTANZA COA VECIÑANZA DE AGRELO

Previamente á licitación do proxecto, o alcalde, Blas García, reuniuse a finais do pasado mes de outubro coa veciñanza da rúa Agrelo, en compaña dos concelleiros de Obras e Urbanismo, Gustavo Nieto e Victor Fernández, así como un técnico da empresa redactora do proxecto, Estudo Técnico Galego. Esta xuntanza respondeu á vontade dos presidentes das comunidades de propietarios de coñecer de primeira man o proxecto de humanización da rúa Agrelo, aínda que foi aberta a calquera veciño e veciña que quixese participar.

ÚLTIMAS

O Compos amplía a vantaxe na cabeza tras vencer pola mínima ao Arosa

A SD Compostela continúa firme no alto da clasificación tras superar este domingo ao...

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here