InicioSANTIAGOAMESA Policía Local de Ames detén a un home con orde de...

A Policía Local de Ames detén a un home con orde de ingreso en prisión tras identificalo en Bertamiráns

Os feitos producíronse na avenida da Maía durante un control a unha persoa que circulaba nun patinete eléctrico portando unha motosierra

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Local de Ames detivo na mañá deste martes a unha persoa sobre a que pesaba unha orde de procura e detención para o seu ingreso en prisión, emitida por un xulgado de Pontevedra, segundo informou o propio corpo de seguridade.

Os feitos tiveron lugar na avenida da Maía, en Bertamiráns, cando os axentes observaron a un individuo que circulaba nun patinete eléctrico transportando unha motoserra. Ante esta situación, procederon a darlle o alto co obxectivo de realizar a correspondente identificación.

Unha vez comprobada a súa identidade, os axentes verificaron que o individuo contaba cunha orde xudicial en vigor, polo que foi detido no momento.

Tras a actuación, a persoa foi trasladada ao posto principal da Garda Civil do Milladoiro, onde a Benemérita continuará coas dilixencias pertinentes.

O alcalde de Ames, Blas García, felicitou os axentes polo operativo e puxo en valor “o gran traballo que realizan a diario para facer de Ames un dos concellos máis seguros de Galicia”.

ÚLTIMAS

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...

Mila Castro presenta unha proposición para que o Pleno decida o modelo de xestión da auga en Santiago

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, Milagros Castro, rexistrou unha proposición para...

(VÍDEO) As placas de “seguros mutuos” que ves nas fachadas de Santiago e que case ninguén sabe que significan

Quen pasea polo casco histórico de Santiago de Compostela pode atoparse, se presta algo...

Cultura convoca a praza para renovar a dirección do CGAC e abrir unha nova etapa

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude anunciou a convocatoria dunha praza de libre...

O BNG denuncia deficiencias no transporte público entre Bertamiráns, O Milladoiro e Santiago

O Bloque Nacionalista Galego denunciou as deficiencias do transporte público que conecta o concello...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...