InicioSANTIAGOAMESUCIN critica a xestión municipal en Ames e reclama explicacións polo uso...

UCIN critica a xestión municipal en Ames e reclama explicacións polo uso de contratos menores

A formación sinala a obra da avenida Rosalía de Castro, en O Milladoiro, como exemplo de falta de planificación e pide unha auditoría das actuacións

Publicado o

Xornal de Compostela

A formación política UCIN Galicia fixo pública este mércores unha valoración crítica sobre a situación política e administrativa do Concello de Ames, que cualifica de previsíbel e advertida desde hai anos. Segundo trasladou a organización, as dificultades que agora saen á luz responden a unha maneira de gobernar que, ao seu xuízo, priorizou a comunicación e os eventos fronte á planificación e ao control da xestión pública.

Nun comunicado, o coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, asegurou que mentres o alcalde de Ames, Blas García, centraba a súa acción en actividades lúdicas e culturais, a formación viña alertando de problemas estruturais na administración municipal. Entre eles, mencionan actuacións urbanísticas mal planificadas, obras sen rematar e un recurso continuado aos contratos menores como ferramenta habitual de xestión.

A nota sinala de maneira específica a actuación na avenida Rosalía de Castro, no núcleo de O Milladoiro, que UCIN Galicia considera un exemplo representativo destas deficiencias. Segundo a formación, trátase dunha obra que desde o inicio xerou críticas pola súa execución e pola falta de planificación e seguimento, e que continúa a provocar molestias á veciñanza e problemas no uso diario do espazo público.

“Non é unha sorpresa o que está ocorrendo. É o resultado dunha forma de gobernar baseada na propaganda, na festa permanente e na ausencia de rigor na xestión pública”, afirmou José Luis Calo, quen lembrou que estas cuestións foron trasladadas ao longo do tempo tanto aos plenos municipais como aos medios de comunicación, sen que, segundo indica, se producisen correccións por parte do goberno local.

UCIN Galicia puxo tamén o foco no uso reiterado dos contratos menores, unha práctica que, segundo o seu coordinador, “serve para evitar a concorrencia pública, fragmentar o gasto e esquivar os controis legais”, o que ao seu entender afecta á transparencia e á confianza da cidadanía na administración local.

Ante esta situación, a formación reclama explicacións inmediatas por parte do alcalde, a realización dunha auditoría das obras da avenida Rosalía de Castro, unha revisión exhaustiva dos contratos menores e un cambio no modelo de goberno municipal. “Ames non necesita máis festas para tapar problemas, necesita xestión, transparencia e respecto polos cartos públicos”, concluíu Calo.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here