InicioSANTIAGOMultitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na Casa das máquinas

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na Casa das máquinas

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro García Ortiz, exfiscal xeral do Estado, que reuniu varios centos de persoas nun evento organizado de maneira autoxestionada pola veciñanza. O espazo quedou completamente ateigado, evidenciando a resposta á convocatoria impulsada dende o ámbito cívico e comunitario do barrio de San Lourenzo.

A xornalista Ainhoa Apestegui, encargada de conducir o acto, puxo en valor o simbolismo do lugar ao lembrar que se trata dun espazo “tamén pelexado pola cidadanía e pola veciñanza”. Pola súa banda, Encarna Otero, unha das promotoras, abriu as intervencións cun saúdo á veciñanza e ao persoal municipal, subliñando o carácter do barrio como “a Compostela do traballo” e destacando o vínculo do homenaxeado coa cidade: “A veciñanza sinte amizade e agarimo e queremos que o saibas en vida”.

O acto contou con intervencións de representantes do ámbito cultural, educativo, institucional e xurídico. O presidente do Ateneo de Santiago, Francisco Candela, lembrou a postura da entidade en defensa do exfiscal e sinalou que existen “dúbidas fundadas” sobre o funcionamento da xustiza en determinados casos, ao tempo que reafirmou a confianza nas institucións: “Confiamos na xustiza porque confiamos en ti”.

Dende o ámbito educativo, o exdirector do IES Rosalía de Castro, Xabier Mouriño, destacou a implicación de García Ortiz coa comunidade escolar e cualificou o proceso xudicial vivido como “unha enorme, enormísima inxustiza”. Tamén interviron voces do ámbito cultural, como Patricia de Lorenzo, do grupo Chévere, quen agradeceu a súa complicidade coa compañía.

A decana da Facultade de Ciencias Políticas, Marta Lois, combinou a súa intervención institucional e persoal para defender a necesidade de “reparación” e advertir de dinámicas que buscan “condenar sen probas a través do medo e do sinalamento”. Na mesma liña, o exreitor da USC, Antonio López, felicitou a iniciativa cidadá e apuntou que as dúbidas sobre a xustiza “non poden facer fraquear” a confianza democrática.

Entre as intervencións máis destacadas, Xoaquín Fernández Leiceaga recoñeceu que inicialmente dubidou da capacidade do homenaxeado para afrontar a presión do cargo, mais afirmou que “se converteu nunha figura democrática que transcendeu no tempo”. Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, incidiu no carácter colectivo do acto e definiuno como unha mostra de “solidariedade e cariño”, ao tempo que reivindicou unha xustiza que “non pode ser cega contra a realidade”.

O acto concluíu coa intervención de Álvaro García Ortiz, visiblemente emocionado, quen recoñeceu non estar preparado para unha resposta cidadá deste tipo: “Estou moi impresionado, moi sobrepasado emocionalmente”. O exfiscal reivindicou o valor da comunidade e da función pública: “Somos servidores públicos. A xustiza está ao servizo da cidadanía”.

Durante a súa intervención, tamén fixo referencia ao seu vínculo con Santiago e co barrio de San Lourenzo, ao que chegou hai máis de dúas décadas: “Creo que atopei o meu lugar no mundo en Compostela”. García Ortiz agradeceu o apoio recibido e sinalou que a súa traxectoria non pode entenderse de maneira individual, senón como parte dun traballo colectivo.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here