InicioECONOMÍAA Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

O proxecto contempla 3.600 vivendas, maioritariamente protexidas, e podería xerar un investimento total de 600 millóns de euros

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do ámbito de Mallou, en Santiago de Compostela, unha actuación que prevé a creación dun novo barrio cunha capacidade estimada para arredor de 8.000 persoas. A iniciativa, segundo explicou a conselleira María Martínez Allegue, suporá un investimento público superior aos 50 millóns de euros, ao que se engadirá un investimento inducido que podería superar os 600 millóns na construción das vivendas.

O plan contempla a edificación de 3.600 vivendas, das cales o 80% estarán sometidas a algún réxime de protección, mentres que o resto corresponderá a promoción libre. Estas residencias distribuiranse en cinco cuarteiróns con diferentes alturas, configurando un novo espazo urbano ao norte da cidade, en continuidade coa trama existente.

Durante a presentación, Allegue destacou que este proxecto de interese autonómico permitirá avanzar no crecemento de Santiago “ao carón da zona urbana xa existente”, consolidando unha expansión planificada cara ao norte. A actuación abrangue un ámbito duns 360.000 metros cadrados, cunha edificabilidade de máis de 355.000 metros cadrados.

No deseño do novo barrio, a ordenación urbanística incorpora preto de 130.000 metros cadrados de zonas verdes, que incluirán parques, xardíns e prazas, así como unha praza central situada na contorna dunha fonte-lavadoiro que será conservada como elemento patrimonial. Ademais, prevese a creación de arredor de 3.500 prazas de aparcamento, itinerarios peonís e carrís bici, así como unha rede viaria estruturada arredor de dous eixos principais.

O proxecto tamén reserva uns 45.000 metros cadrados para equipamentos públicos, que se distribuirán na periferia do ámbito co obxectivo de facilitar o acceso e responder ás necesidades derivadas do crecemento poboacional.

Segundo explicou o equipo redactor, a planificación ten en conta a integración ambiental do espazo, especialmente no entorno do nacemento do río Sar, onde se mantén un corredor verde que estrutura o ámbito e preserva a vexetación existente. Tamén se incorporan trazados de camiños tradicionais para favorecer a conexión co territorio.

A aprobación inicial do proxecto foi publicada no Diario Oficial de Galicia, abrindo un prazo de 15 días naturais para a presentación de alegacións. A Xunta prevé completar a aprobación definitiva ao longo deste ano e iniciar o proceso de urbanización en 2027, co obxectivo de simultanear posteriormente as obras de urbanización e edificación.

Neste sentido, a conselleira subliñou que as vivendas de promoción pública poderían comezar a licitarse en 2028, nun calendario que busca acelerar a dispoñibilidade de solo residencial e dar resposta á demanda de vivenda na cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here