InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames esgota en menos de dúas semanas os ‘Bonos...

O Concello de Ames esgota en menos de dúas semanas os ‘Bonos Consuma’ e xera preto de 250.000 euros no comercio local

A campaña de Nadal impulsada pola Concellería de Promoción Económica mobilizou 60.000 euros en descontos e contou coa participación de 108 establecementos do municipio

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, puxo en marcha o pasado 19 de decembro unha nova edición das tarxetas desconto ‘Bonos Consuma’, unha iniciativa orientada a incentivar o consumo no comercio e na hostalaría local durante a campaña de Nadal. O programa esgotou o orzamento de 60.000 euros destinado aos descontos en menos de dúas semanas, o que permitiu xerar un volume de negocio total de 249.750,62 euros nos establecementos adheridos.

Durante o período no que estiveron dispoñibles os bonos, descargáronse un total de 3.282 tarxetas, que puideron empregarse en 108 comercios e negocios hostaleiros do municipio, pertencentes a sectores moi diversos como moda e complementos, moda infantil, zapaterías, decoración, estética ou servizos persoais, entre outros.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, valorou de maneira positiva os resultados desta edición e destacou que os Bonos Consuma “están plenamente consolidados como un clásico do Nadal en Ames que a veciñanza apoia e espera ano tras ano”. Nesa liña, sinalou que desde o Concello se continuará a traballar en novas vías de colaboración co comercio local, mantendo esta iniciativa como unha ferramenta de apoio ao consumo de proximidade e á dinamización da economía local.

REPARTICIÓN DO GASTO XERADO

Segundo os datos achegados polo Concello, a maior parte do impacto económico da campaña concentrouse no comercio polo miúdo, que acadou un volume de negocio de 228.544,96 euros. Pola súa banda, os servizos persoais rexistraron un gasto de 14.830,57 euros, mentres que a hostalaría sumou 4.168,19 euros en consumo asociado aos bonos.

UN PROGRAMA EN CRECEMENTO DENDE 2021

Desde a súa primeira edición no ano 2021, os Bonos Consuma experimentaron un crecemento continuado tanto en participación como en impacto económico. A iniciativa naceu co obxectivo de reforzar o tecido comercial amesán e facilitar á veciñanza un aforro nas compras de Nadal.

Nesta edición, cada persoa maior de 18 anos puido descargar un único bono por valor de 50 euros, utilizable ata o seu esgotamento ou ata que se consumise o crédito total do programa. Os 60.000 euros consignados polo Concello destináronse integramente á adquisición destes descontos, cun sistema de descarga e uso a través dunha aplicación móbil, que contribuíu a facilitar o acceso e o uso por parte da cidadanía.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

Ames organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do programa Apego

O programa Apego continúa a desenvolver a súa programación de actividades para o primeiro...

UCIN insta a PP e BNG a promover unha moción de censura no Concello de Ames

O coordinador de José Luis Calo, representante de UCIN, fixo pública a súa petición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here