InicioSANTIAGOAMESUCIN propón restrinxir a venda de alcol na festa de Fin de...

UCIN propón restrinxir a venda de alcol na festa de Fin de Ano de Ames

A formación defende un modelo de celebración baseado na convivencia, o lecer responsable e a prevención de riscos, e sinala que o Concello conta con base legal para restrinxir a venda e o consumo de bebidas alcohólicas no recinto municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

A Unión de Cidadáns Independentes de Ames, UCIN Ames, vén de reclamar que a festa de Fin de Ano prevista no municipio se desenvolva como espazo sen alcol, co obxectivo de promover un modelo de celebración centrado na convivencia, a música e o lecer responsable. O evento, programado cunha capacidade máxima para 870 persoas, está pensado como unha alternativa de ocio nocturno no propio concello.

Dende a formación sinalan que a iniciativa busca ofrecer un Fin de Ano diferente, accesible a todas as idades e afastado do consumo de bebidas alcólicas. “Queremos un Fin de Ano diferente, pensado para todas as idades e que promova hábitos saudables”, destacan dende UCIN Ames.

A organización considera que o Concello de Ames ten a oportunidade de liderar un novo modelo de festa pública, reducindo os riscos asociados ao consumo de alcol, especialmente entre a mocidade, e evitando posibles problemas de seguridade, vandalismo ou molestias veciñais.

No ámbito xurídico, UCIN lembra que os concellos dispoñen de competencias legais para regular ou prohibir a venda e o consumo de alcol en espazos de titularidade pública, sobre todo cando se trata de eventos organizados ou autorizados pola propia administración local. Entre os argumentos expostos figuran as ordenanzas municipais de convivencia cidadá, que permiten limitar ou prohibir o consumo de alcol por razóns de seguridade, saúde pública e interese xeral; a Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas, que outorga ás entidades locais capacidade para establecer condicións específicas nos eventos festivos; e a normativa autonómica e estatal de protección da saúde e da infancia e adolescencia, que reforza a creación de espazos festivos libres de alcol cando o público é diverso ou maioritariamente novo.

Segundo UCIN, este marco normativo avala plenamente que o Concello declare o recinto municipal da festa de Fin de Ano como espazo sen alcol, sen afectar ao funcionamento doutros establecementos privados que conten coa súa propia licenza.

A proposta tamén pretende consolidar Ames como referente en ocio nocturno alternativo, permitindo que a veciñanza celebre a chegada do novo ano sen necesidade de desprazarse a outros concellos e apostando por un ambiente baseado no respecto, a seguridade e a convivencia. A formación anima ao Concello a escoitar esta demanda cidadá e a apostar por unha celebración “moderna e responsable”, acorde cos valores dunha sociedade que reclama cada vez máis espazos de lecer saudables.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello de Ames garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Adamuz

O Concello de Ames sumouse este luns á convocatoria impulsada pola Federación Española de...

Ames investiu máis de 393.000 euros na mellora das redes de auga, saneamento e drenaxe ao longo de 2025

O Concello de Ames, a través da súa entidade pública Augas de Ames EPEL,...

UCIN critica a xestión municipal en Ames e reclama explicacións polo uso de contratos menores

A formación política UCIN Galicia fixo pública este mércores unha valoración crítica sobre a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here