InicioMOV. SOCIAISConvocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: "Ou nos mobilizamos...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A manifestación do 1 de febreiro percorrerá o centro da cidade baixo o lema 'Mobilízate para defender o teu dereito á saúde'

Publicado o

Xornal de Compostela

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro en Santiago de Compostela para denunciar os “continuos colapsos” da sanidade pública galega. A manifestación, baixo o lema ‘Mobilízate para defender o teu dereito a saúde’ sairá da Alameda de Santiago e percorrerá varias rúas compostelás ata acabar na Praza do Obradoiro, onde se lerán os manifestos. Amenizará a manifestación Isabel Risco, coa actuación do grupo musuical De Ninghures.

“Consideramos que a destrución e privatización do Sistema Sanitario Público que está a facer o PP en Galicia leva a que: ou nos mobilizamos ou o sistema seguirá colapsado e en permanente destrución”, destacan nun comunicado. Neste contexto, citan as listas de agarda “interminables”, o acceso “imposible” aos centros de saúde e PACs, o “colapso” dos Servizos de Urxencias hospitalarios e a falta de profesionais e recursos, entre outros.

A manifestación tamén se presentou ante o centro de saúde de Barreiros. Alí anunciaron que haberá autobuses para acudir á manifestación. Segundo adiantou a coordinadora do colectivo, Montse Porteiro, a Plataforma Sanitaria da Mariña fretará autobuses desde Viveiro e Ribadeo. Para reservar praza habilitaron os teléfonos 982140654, 982581861, 667052058 e 629588833. O prazo para reservar praza acaba o xoves 29 de xaneiro ás 14 horas.

ÚLTIMAS

Santiago gardará un minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O Concello de Santiago de Compostela convocou para este mércores, 28 de outubro, ás...

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...