InicioSANTIAGOAMESO certame ‘Galetiktokers 2025’ premia seis vídeos na gala celebrada en Bertamiráns

O certame ‘Galetiktokers 2025’ premia seis vídeos na gala celebrada en Bertamiráns

A Casa da Cultura acolleu a sexta edición dun concurso que reuniu máis de cen mozos e mozas e que superou as 500.000 reproducións en TikTok e Instagram

Publicado o

Xornal de Compostela

A Casa da Cultura de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da mocidade creadora coa celebración da gala da sexta edición do certame ‘Galetiktokers’, organizado polos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Ames. A iniciativa, que promove a creación de contidos audiovisuais en galego e a visibilidade da comunidade de tiktokers, reuniu nesta ocasión máis de cen participantes procedentes tanto de Ames como doutras localidades galegas.

O acto, conducido pola actriz e presentadora Carlota Mosquera e acompañado musicalmente polo grupo Sacha na Horta, contou coa presenza do alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, xunto con membros da corporación municipal. O rexedor salientou o alcance da proposta asegurando que “este certame encádrase nas accións para poñer en valor o galego e o seu uso, e a repercusión dos vídeos confirma que o galego aporta valor engadido”.

Nesta edición presentáronse 56 vídeos, unha cifra que supera amplamente a da convocatoria anterior, e que acumulou 20.970 gústame e máis de 500.000 visualizacións entre todas as creacións difundidas en redes sociais. O concurso repartiu seis premios de 300 euros, ademais de recoñecementos como finalistas sen dotación económica.

Na primeira categoría, destinada a participantes de 13 a 17 anos, o xurado escolleu como gañadores ‘De onde veñen as cantigas?’, de Irene Vázquez Calviño, Martín Vázquez Pérez e María Mato Vilar, destacando a súa calidade visual e sonora e a solidez do guión; e ‘A velada dos instrumentos’, de Joel Costa Bouzada, Manuel Liñeira Barcala e Miguel Airas Varela, pola diversidade de planos e pola posta en escena. Ademais, recoñeceuse o traballo doutros sete vídeos finalistas elaborados pola mocidade participante.

Na segunda categoría, dirixida a persoas maiores de 18 anos, o premio recaeu en ‘Pena da Moura’, de Candela Lola Battiato Miñones, valorada polo seu contido divulgativo e pola montaxe; e en ‘Ata os monstros falan (e cantan!) en galego’, de Antía López Castro e Yolanda Casás Fuentes, pola súa calidade técnica e o labor de dobraxe. O xurado recoñeceu tamén seis traballos finalistas desta franxa de idade.

Os premios do público, outorgados a través do perfil de Instagram de Xuventude Ames, foron para ‘Dúas cousas poden acontecer’, de Bruno Suárez Crespo, Damián Lage Guimil, Diego Paz Maneiro e Joel Aguilar Castrelo, con 2.966 gústame; e para ‘Patricio’, de Chutenmemes, que acadou 1.207 apoios.

Con máis participación, maior diversidade de propostas e un impacto crecente en redes sociais, a edición de 2025 consolida o ‘Galetiktokers’ como un espazo para impulsar a creatividade da mocidade en galego e reforzar a presenza da lingua nos novos formatos dixitais.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello de Ames garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Adamuz

O Concello de Ames sumouse este luns á convocatoria impulsada pola Federación Española de...

Ames investiu máis de 393.000 euros na mellora das redes de auga, saneamento e drenaxe ao longo de 2025

O Concello de Ames, a través da súa entidade pública Augas de Ames EPEL,...

UCIN critica a xestión municipal en Ames e reclama explicacións polo uso de contratos menores

A formación política UCIN Galicia fixo pública este mércores unha valoración crítica sobre a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here