InicioSANTIAGOAMESO acusado de estafar 6.500 euros a unha veciña de Ames acepta...

O acusado de estafar 6.500 euros a unha veciña de Ames acepta indemnizala con 9.000 euros tras un acordo xudicial

O xuízo previsto na Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, non chegou a celebrarse ao pactarse unha redución de pena e unha indemnización superior á cantidade estafada

Publicado o

Xornal de Compostela

O home acusado de estafar 6.500 euros a unha veciña de Ames coa que mantiña unha relación afectiva a través de Facebook aceptou pagar unha indemnización de 9.000 euros tras chegar a un acordo co Ministerio Fiscal e a vítima. O pacto evitou a celebración do xuízo, previsto para este mércores na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela.

Segundo se recolle no acordo, a pena solicitada inicialmente —15 meses de prisión— quedou reducida a seis meses, cunha suspensión de dous anos, polo que o acusado non ingresará en cárcere salvo que cometa un novo delito ou incumprise o plan de pagos.

A cantidade que deberá abonar á vítima aumenta respecto da suma estafada, pasando de 6.500 a 9.000 euros, dos cales 700 xa foron entregados. O resto pagarao mediante transferencias mensuais de 300 euros durante 27 meses e unha última de 200 euros, a ingresar antes do día 10 de cada mes.

Os feitos, que o acusado recoñeceu como certos, remóntanse a 2022, cando solicitou á muller varios préstamos alegando necesidade de afrontar os gastos dun xuízo penal e a reparación do seu vehículo. A vítima efectuou tres transferencias —dúas de 2.500 euros e outra de 1.500— antes de que o acusado cortase toda comunicación con ela.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

Ames organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do programa Apego

O programa Apego continúa a desenvolver a súa programación de actividades para o primeiro...

UCIN insta a PP e BNG a promover unha moción de censura no Concello de Ames

O coordinador de José Luis Calo, representante de UCIN, fixo pública a súa petición...