InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames celebrará o 19 de setembro a actuación da...

O Concello de Ames celebrará o 19 de setembro a actuación da orquestra Olympus como festa de final de verán

O concerto, que fora cancelado no Ames en Festas por motivos meteorolóxicos, pechará a programación Verán en Ames 2025

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames anunciou que a actuación da orquestra ‘Olympus’ terá finalmente lugar o venres 19 de setembro, no aparcadoiro do SuperCor do Milladoiro, entre as 21:00 e as 00:00. O concerto, pensado como unha festa de despedida do verán, fora inicialmente programado como peche das festas da Madalena o pasado 5 de agosto, pero tivo que suspenderse debido aos fortes refachos de vento que impedían garantir a seguridade do público e do persoal técnico.

O evento enmárcase dentro do programa ‘Verán en Ames 2025’, que desde o mes de xuño reuniu preto de 50 actividades de carácter musical, cultural e de lecer. Entre elas destacan citas como o Ames en Festas, os Seráns de Ames, as Noites en Vela, o festival Ames Jazz, o Millarock, o acto do Día de Galicia, o concurso ‘Baila con Ames’, o festival ABANEA, o concerto de Mondra no Ameneiral ou as propostas da Semana da Mobilidade.

O alcalde, Blas García, salientou que a programación estival busca ofrecer alternativas de ocio para diferentes públicos: “Este ano imos despedir a programación de verán coa actuación da orquestra Olympus. Debido á cancelación o pasado 5 de agosto, decidimos programala para o 19 de setembro e así rematar a tempada cunha gran festa no Milladoiro”. García engadiu que a intención municipal é que “a veciñanza e as persoas da contorna desfruten das actividades, festexos e eventos organizados”.

O concerto da ‘Olympus’ está pensado tanto para público adulto como familiar, e rematará arredor da medianoite co obxectivo de compatibilizar a festa co descanso da veciñanza do Milladoiro.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

O Concello de Ames garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Adamuz

O Concello de Ames sumouse este luns á convocatoria impulsada pola Federación Española de...

Ames investiu máis de 393.000 euros na mellora das redes de auga, saneamento e drenaxe ao longo de 2025

O Concello de Ames, a través da súa entidade pública Augas de Ames EPEL,...

UCIN critica a xestión municipal en Ames e reclama explicacións polo uso de contratos menores

A formación política UCIN Galicia fixo pública este mércores unha valoración crítica sobre a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here