InicioSANTIAGOAMESO Milladoiro acolle este xoves a segunda andaina do programa 'Camiñando no...

O Milladoiro acolle este xoves a segunda andaina do programa ‘Camiñando no solpor’

A actividade, organizada pola Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde de Ames, comezará ás 20:00 diante do centro de saúde

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da súa Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, continúa esta semana co ciclo de andainas ‘Camiñando no solpor’, unha iniciativa enmarcada nas actividades deportivas e terapéuticas de verán. A segunda das tres rutas programadas desenvolverase o xoves 21 de agosto no Milladoiro, con saída ás 20:00 desde o centro de saúde da localidade. A duración estimada é de arredor de dúas horas e a participación é gratuíta, sen necesidade de inscrición previa.

A serie de camiñadas, que se está a realizar ao longo do mes de agosto, combina percorridos polos núcleos principais do municipio: Bertamiráns e Milladoiro. A primeira tivo lugar o pasado 14 de agosto en Bertamiráns, cunha vintena de participantes que percorreron a ruta do rego dos Pasos, un sendeiro de catro quilómetros ida e volta entre Loureiros e Capeáns ata o muíño de Covas.

Estas andainas forman parte da programación de actividades de verán que organiza o departamento municipal de Deportes, centradas en propostas de carácter físico e terapéutico. Durante os meses de xullo e agosto desenvolvéronse tamén sesións abertas de ioga, ioga terapéutico, taichi-chikung e aquagym, todas elas de balde e sen trámite de inscrición, co obxectivo de fomentar hábitos saudables e o exercicio en grupo.

A terceira e última das andainas terá lugar a finais de mes, tamén dentro deste programa de promoción da saúde.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

Ames organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do programa Apego

O programa Apego continúa a desenvolver a súa programación de actividades para o primeiro...

UCIN insta a PP e BNG a promover unha moción de censura no Concello de Ames

O coordinador de José Luis Calo, representante de UCIN, fixo pública a súa petición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here