InicioSANTIAGOAMESAmes colabora na III Cea Solidaria para mellorar a atención pediátrica do...

Ames colabora na III Cea Solidaria para mellorar a atención pediátrica do CHUS

O evento recadou máis de 2.000 euros e contou coa participación de 150 persoas no Pazo da Peregrina

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames reafirmou o seu compromiso coa solidariedade e a sanidade pública participando, por terceiro ano consecutivo, na Cea Solidaria Obra Social de Pediatría & Concello de Ames, que celebrou a súa terceira edición na noite do pasado sábado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O evento, que reuniu arredor de 150 persoas, permitiu recadar máis de 2.000 euros que serán destinados a dúas finalidades principais: apoiar proxectos de investigación médica e mellorar a calidade asistencial dos pacientes pediátricos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). A iniciativa conta co respaldo da entidade Obra Social Pediatría, impulsora das accións solidarias a prol da infancia hospitalizada, e foi organizada en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e a empresa Albarín Catering e Eventos.

Durante a velada, marcada por un ambiente de apoio mutuo e compromiso social, o alcalde de Ames, Blas García, quixo destacar a implicación do tecido local neste tipo de causas. “Ames é un concello solidario que terá sempre as portas abertas a este tipo de iniciativas”, afirmou.

A participación cidadá e empresarial foi clave para o éxito do acto, que se consolida como unha das citas anuais de carácter benéfico máis destacadas do municipio. Desde a organización salientan que esta colaboración entre administración local, sector privado e entidades sociais permite canalizar recursos e sensibilizar sobre a importancia de investir na saúde da infancia e no apoio ás familias afectadas.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here