InicioSANTIAGOAMESAmes aproba a licitación das obras do Centro multifuncional do Milladoiro

Ames aproba a licitación das obras do Centro multifuncional do Milladoiro

O proxecto busca rematar unha infraestrutura clave tras a resolución do contrato coa anterior empresa adxudicataria

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames ten previsto aprobar este luns, 30 de decembro, o expediente de licitación das obras do centro multifuncional do Milladoiro, un proxecto considerado esencial para o municipio. O orzamento base de licitación ascende a 1.141.640,18 euros (IVE incluído) e inclúe traballos como urbanización do entorno, carpintería, illamento, cerramento, pintura, cimentación e revestimentos.

O alcalde de Ames, Blas García, subliñou a importancia deste proxecto: “▶️Esta obra é unha das pezas claves das infraestruturas do futuro para o Concello de Ames. Suporá un paso moi importante e poñerá fin á parálise que sofre o centro multifuncional do Milladoiro”. García destacou ademais que esta infraestrutura será fundamental para a formación e atención das persoas que precisan apoio municipal para atopar emprego.

A nova licitación chega despois de que o Concello resolvese o contrato coa anterior empresa adxudicataria, Citanias Obras y Servicios SLU, por incumprimentos contractuais. A resolución, avalada polo Consello Consultivo de Galicia, incluíu a imposición dunha prohibición para que esta empresa poida volver contratar coa administración local.

Con esta nova licitación, o Concello de Ames procura retomar o avance dun proxecto que busca consolidar o Milladoiro como un centro neurálxico para o desenvolvemento e apoio á cidadanía, cumprindo coa súa aposta por infraestruturas modernas e funcionais.

ÚLTIMAS

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here