InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames reclama o cumprimento dos prazos para o novo...

O BNG de Ames reclama o cumprimento dos prazos para o novo CEIP do Milladoiro

A formación nacionalista critica os constantes atrasos e insta á Xunta a atender as necesidades educativas da localidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo municipal do BNG de Ames expresou a súa preocupación polos reiterados atrasos na entrega do novo CEIP do Milladoiro, proxecto incluído no Plan de Infraestruturas 2016-2020, pero que agora prevé a súa posta en funcionamento para o curso 2027/2028. A formación nacionalista critica que os prazos iniciais marcados para mediados de 2025 quedaran adiados unha vez máis e reclama á Xunta unha solución para garantir o acceso a un colexio adaptado ás necesidades do municipio.

Nun comunicado, o BNG lamentou que “a Xunta segue desatendendo as necesidades educativas de Ames e, en particular, do núcleo do Milladoiro, un dos máis dinámicos demograficamente de Galicia”. A formación subliña que este retraso prolongado impacta negativamente na comunidade educativa, especialmente nas familias e no alumnado.

Os nacionalistas instan á Xunta a garantir que a nova licitación do proxecto conte cun orzamento base axustado á realidade e suficiente para que o centro poida cumprir cos requisitos educativos da zona. Segundo o BNG, é imprescindible ofrecer unha infraestrutura que responda ao crecemento poboacional de Ames e que permita desconxestionar outros centros como o colexio de Ventín, que tamén reclama melloras desde o inicio do curso escolar.

A formación tamén apuntou que “as necesidades demandadas pola comunidade educativa levan demasiado tempo sen resposta” e que resulta urxente priorizar esta infraestrutura, especialmente nun municipio como Ames, que experimenta un crecemento continuo de poboación.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here