InicioSANTIAGOAMESAs escolas unitarias de Ames consolidan a súa matrícula con servizos de...

As escolas unitarias de Ames consolidan a súa matrícula con servizos de conciliación

Covas e A Igrexa completan as súas prazas e destacan como referentes educativos no ámbito rural

Publicado o

Xornal de Compostela

As escolas unitarias de Covas e A Igrexa, situadas no Concello de Ames, alcanzaron o máximo de prazas dispoñibles durante o curso 2024-2025, con 20 alumnos/as matriculados en cada centro, cifra que supón un incremento respecto aos cursos anteriores. Estes datos reflicten a consolidación dun modelo educativo que combina a proximidade do ensino rural co apoio dos servizos complementarios de conciliación, como o programa Bos Días Cole e o comedor escolar.

Na escola unitaria de Covas, o número de alumnos/as aumentou nun 20% en comparación co curso anterior, pasando de 16 a 20 matriculados/as. Pola súa banda, a escola de A Igrexa, en Ortoño, experimentou un incremento do 15%, ao sumar tres novos alumnos respecto ao curso 2023-2024.

A concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, destacou que ‘os bos datos de escolarización reflicten a aposta das familias por un modelo educativo próximo e de calidade’. A edil comprometeuse a seguir mellorando as instalacións destes centros.

As profesoras destas escolas subliñan as vantaxes dun modelo que ofrece unha atención máis próxima ao alumnado. Silvia Seoane, mestra de Covas, explica que ‘a dinámica das escolas permite maior flexibilidade no día a día, con actividades adaptadas ás necesidades dos rapaces’. Para María Luísa Quintáns, docente en A Igrexa, a conexión coa natureza e a colaboración das familias no mantemento do patio e o horto escolar son factores clave para a súa boa acollida.

Os servizos complementarios de Bos Días Cole e comedor escolar foron decisivos para atraer ás familias. En total, 12 nenos/as utilizan o servizo matinal, mentres que 35 acceden ao comedor entre ambas escolas. Seoane recalca que estes servizos ‘permiten ás escolas manter unha boa matrícula, facilitando ás familias conciliar traballo e vida familiar’.

O Concello de Ames continuará promovendo campañas para visibilizar estas escolas e fomentar o seu atractivo entre as familias, consolidándose como unha referencia educativa no rural galego.

ÚLTIMAS

Santiago mantén o obxectivo de aplicar a taxa turística este outono

A portavoz do goberno local de Santiago de Compostela, Miriam Louzao, defendeu este luns...

Cristian Silva presenta o seu novo disco ‘Un home tranquilo’ en Santiago

O 12 de outubro ás 19:30, a Sala Capitol de Santiago acollerá a presentación...

Brión incorpórase ao sistema VioGén para reforzar a protección das vítimas de violencia de xénero

O Concello de Brión formalizou hoxe a súa adhesión ao sistema VioGén, impulsado polo...

Investigadores da USC avanzan en biomarcadores sanguíneos para detectar o risco de Alzheimer

O persoal investigador do Instituto de Psicoloxía da USC e do IDIS, avanzaron na...

UCIN critica a xestión das obras da Avenida Rosalía de Castro no Milladoiro

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, manifestou a súa "profunda preocupación" polo...

Ames chama a participar na limpeza do rego do Ameneiral

O Concello de Ames súmase un ano máis á iniciativa ‘Móllate polos ríos’, organizada...

O Milladoiro remodelará a rúa Agro da Vella cun investimento de 326.000 euros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o expediente de licitación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here