InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames avanza no proxecto para crear un novo polígono...

O Concello de Ames avanza no proxecto para crear un novo polígono industrial en Bertamiráns

A localización terá máis de 300.000 metros cadrados e busca satisfacer a crecente demanda empresarial da zona

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da súa Concellaría de Urbanismo, continúa o desenvolvemento do novo polígono industrial que se situará en Bertamiráns, no lugar de Caroubáns. A administración local solicitou unha reunión coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, para avanzar na creación deste parque empresarial que contará con máis de 300.000 metros cadrados e conexión directa coa autovía AG-56 Santiago-Brión.

O alcalde de Ames, Blas García, sinalou que se está traballando nunha proposta que incluirá un cambio na delimitación do Plan sectorial para facilitar o desenvolvemento deste espazo industrial. Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, destacou a demanda de solo empresarial en Bertamiráns, onde actualmente non existe oferta de parcelas públicas.

O Concello tamén habilitou un impreso para que as empresas interesadas en ocupar espazo no futuro polígono poidan facilitar información sobre as súas necesidades de superficie. Con estes datos, o Concello elaborará unha lista de empresas interesadas para prever a súa instalación no polígono.

O novo parque industrial estará orientado a actividades de carácter terciario, comercial, de almacenaxe e industria lixeira, excluíndo a implantación de industria pesada. O proxecto é parte do plan municipal para fomentar o crecemento empresarial e satisfacer a demanda crecente de espazo industrial no concello.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here