InicioSANTIAGOO outono chega este domingo cunha nova estación de case 91 días

O outono chega este domingo cunha nova estación de case 91 días

As chuvias de estrelas e temperaturas suaves marcarán o inicio da nova estación

Publicado o

Xornal de Compostela

O outono comezará este domingo, 22 de setembro, ás 14:44 horas, prolongándose ata o 21 de decembro, unha estación que durará case 91 días. Este paso do verán ao outono coincide co momento en que o Sol chega ao punto Libra da eclíptica, marcando o equinoccio, cando o día e a noite teñen teóricamente a mesma duración.

Un dos eventos máis destacados deste outono será a chuvia de estrelas Xemínidas, prevista para o 14 de decembro, aínda que a presenza da Lúa chea poderá dificultar a súa visibilidade. Tamén haberá outras choivas de estrelas, como as Dracónidas (8 de outubro), as Oriónidas (21 de outubro) e as Leónidas (17 de novembro), pero con menor intensidade.

En canto á observación de planetas, Saturno e Xúpiter serán visibles durante boa parte das noites de outono, mentres que Mercurio poderá verse en novembro ao anoitecer. En canto aos eclipses, o próximo eclipse anelar de Sol do 2 de outubro non será visible en Europa, pero nos próximos anos teremos unha secuencia de eclipses solares en Galicia, incluíndo un total o 12 de agosto de 2026.

Desde un punto de vista meteorolóxico, o verán que remata foi pouco chuvioso na contorna de Santiago de Compostela, con temperaturas consideradas normais segundo os rexistros da estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller en colaboración coa AEMET. Nos meses de xuño, xullo e agosto recolléronse un total de 83,7 litros/m² de precipitacións.

En canto ás temperaturas, a máxima do verán foi de 33,4ºC, rexistrada tanto o 29 de xullo como o 10 de agosto. Setembro mantívose con temperaturas suaves, destacando a do 6 de setembro, cando non se superaron os 15,2ºC debido á chegada dunha dana.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

Mar Lorenzo é reelixida decana de Ciencias da Educación da USC para os próximos seis anos

A Facultade de Ciencias da Educación da USC continuará baixo a dirección de Mar...

O Ateneo de Santiago reunirá a expertos en educación para analizar os resultados do informe PISA

O Ateneo de Santiago organizará o próximo luns 2 de novembro, ás 19:30, unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here