InicioSANTIAGOO investigador da USC Ignacio Insua recibe unha prestixiosa axuda do Consello...

O investigador da USC Ignacio Insua recibe unha prestixiosa axuda do Consello Europeo de Investigación

O proxecto, financiado con máis de 1,5 millóns de euros, centraráse no desenvolvemento de antibióticos auto-replicantes contra a resistencia bacteriana

Publicado o

Xornal de Compostela

O investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Ignacio Insua, foi galardoado cunha das 494 axudas Starting Grant que o Consello Europeo de Investigación (ERC) concede a científicos de toda Europa. O proxecto de Insua, denominado REPLICATE, recibirá máis de 1,5 millóns de euros en financiamento para un período de cinco anos e centrarase no desenvolvemento de antibióticos auto-replicantes, unha estratexia innovadora contra a resistencia bacteriana.

Segundo explica o propio investigador, o obxectivo do proxecto é crear antibióticos que poidan formar copias de si mesmos para aumentar a súa eficacia contra as bacterias patóxenas. “Administrando moléculas precursoras totalmente inocuas, estas poderán activarse localmente no foco infeccioso, replicándose e exercendo unha acción antimicrobiana directa”, afirmou Insua, quen subliñou a importancia deste avance para combater un problema que causa 1,8 millóns de mortes ao ano e que se estima podería ser máis letal que o cancro para 2050.

Licenciado en Farmacia pola USC e doutor en Química pola Universidade de Birmingham, Insua conta cunha destacada traxectoria científica, que inclúe formación posdoutoral en Australia e diferentes axudas competitivas no CiQUS. Actualmente é investigador Ramón y Cajal na USC, onde desenvolverá este proxecto, xa que, segundo el, a universidade compostelá ofrece “un excelente contexto de traballo neste campo fronteira entre a Química e a Bioloxía”.

A axuda do ERC, que busca apoiar a investigación de vangarda, é extremadamente competitiva. Este ano, só o 14,2 % das 3.474 propostas presentadas foron seleccionadas para recibir financiamento, o que demostra o rigor e a selectividade do proceso.

O Consello Europeo de Investigación ofrece financiamento anual a proxectos de alto risco e alto beneficio en calquera campo científico, con tres esquemas principais de subvención: Starting, Consolidator e Advanced Grants, entre outros.

ÚLTIMAS

O Escarnio e Maldizer é desaloxado de maneira pacífica

Máis de medio centenar de persoas concentrouse na mañá deste venres na Praza de...

Dous accidentes múltiples provocados por unha granizada deixan varios feridos na área de Compostela

Dous accidentes múltiples rexistrados na área de Santiago de Compostela á primeira hora deste...

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

Joaquín Goris amplía o seu contrato co Compos ata 2027

A SD Compostela anunciou a renovación de Joaquís Goris Abelenda por unha tempada máis,...

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

O Concello de Santiago adxudica 61 prazas do programa ‘Compostela Concilia’ para a quenda de Entroido

O Concello de Santiago publicou a listaxe provisional de prazas adxudicadas no programa municipal...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here