InicioSANTIAGOMaite Flores cuestiona a designación de Juanatey na candidatura de Rosa Crujeiras...

Maite Flores cuestiona a designación de Juanatey na candidatura de Rosa Crujeiras á Reitoría da USC

A candidata asegura que o cardiólogo deixará de cumprir os requisitos para exercer como delegado para a Estratexia de Ciencias da Saúde en poucos meses e reclama tamén unha “reprobación pública” por actuacións denunciadas ante a Comisión Electoral

Publicado o

Xornal de Compostela

A candidata á Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, Maite Flores, cuestionou a incorporación do cardiólogo José Ramón González Juanatey como delegado para a Estratexia de Ciencias da Saúde na candidatura encabezada por Rosa Crujeiras, ao considerar que a súa situación administrativa impediría manter o cargo a curto praz

Segundo indicou Flores nunha nota remitida aos medios, a normativa interna da USC establece que as persoas que desempeñan responsabilidades académicas deben contar cunha dedicación docente a tempo completo. A candidata sinala que González Juanatey deixará de cumprir ese requisito ao finalizar o presente curso, polo que, de acordo coa súa interpretación da regulación vixente, non podería continuar como delegado nesa área.

Flores lembra que o Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e retribución de cargos e responsables académicos, aprobado polo Consello de Goberno da USC en 2019 e actualizado en 2022, considera as delegacións do reitorado como cargos académicos. Neste sentido, sostén que os Estatutos da universidade establecen a obrigatoriedade de que quen exerza estas responsabilidades teña vinculación a tempo completo coa institución.

A candidata explicou que, de producirse o cambio de situación profesional de González Juanatey, “debería abandonar ese posto”, o que, ao seu xuízo, podería xerar inestabilidade nun ámbito que considera relevante para o desenvolvemento do convenio de descentralización da Facultade de Medicina.

Na mesma comunicación, Flores afirmou que mantén “a mellor consideración profesional” polo facultativo, mais indicou que non comprende a súa participación na candidatura rival “cando sabe que en poucos meses non podería continuar no cargo”. Segundo a candidata, o propio médico teríalle comentado que a súa intención sería permanecer aproximadamente un ano na responsabilidade, unha posibilidade que, segundo sostén, non sería viable coa normativa actual.

REFERENCIAS Á CAMPAÑA ELECTORAL

A candidata tamén interpretou este movemento como parte da estratexia electoral da candidatura de Crujeiras, especialmente no contexto da Facultade de Medicina, un dos centros con maior número de electores nos comicios ao reitorado.

Flores sostén que a designación responde a un intento de reforzar apoios neste ámbito e asegurou que a súa candidatura percibe unha evolución favorable na campaña. “A remontada está cada vez máis cerca”, sinalou.

PETICIÓN DE “REPROBACIÓN PÚBLICA”

Ademais, Flores solicitou que Rosa Crujeiras realice unha “reprobación pública” da súa candidata a vicerreitora de Innovación e Ciencia Aberta, Almudena Hospido, e doutra persoa vinculada á candidatura, Ramón Ángel Bouzas. A petición prodúcese tras as advertencias feitas recentemente pola Comisión Electoral da USC en relación con feitos acontecidos durante a primeira volta do proceso electoral.

ÚLTIMAS

A protesta do téxtil trasládase a Santiago e acampan fronte á Confederación de Empresarios

A acampada de representantes de traballadoras e traballadores do sector téxtil contra o convenio...

Santiago probará un sistema dixital para axilizar as bolsas de comedor escolar

O Concello de Santiago e o grupo de investigación Armela da USC colaborarán no...

Goretti Sanmartín e Pedro Blanco apelan á colaboración co empresariado galego na asemblea da CEG

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro...

Borja Verea propón crear unha ‘Casa das Familias’ municipal para ofrecer apoio emocional e orientación en Santiago

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, anunciou este martes a proposta da...

A Alameda acolle dúas xornadas para aprender a previr incendios e actuar ante emerxencias

A Alameda de Santiago será o escenario os días 11 e 12 de xuño...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here