InicioSANTIAGOO Goberno compostelán remite unha proposta a bombeiros e Policía Local para...

O Goberno compostelán remite unha proposta a bombeiros e Policía Local para avanzar no desbloqueo do conflito

O executivo municipal convocará nos próximos días unha reunión cos sindicatos para analizar o documento e procurar un acordo

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do Goberno local de Santiago, Míriam Louzao, confirmou que ao longo deste luns o Executivo municipal remitirá unha proposta formal aos sindicatos da Policía Local e do Servizo de Extinción de Incendios co obxectivo de avanzar na resolución do conflito laboral aberto nas últimas semanas.

Louzao explicou que esta comunicación chega despois de que o pasado venres, 21 de novembro o Pleno aprobase o pago das horas extraordinarias pendentes, que serán incorporadas na nómina correspondente a este mes. Ese primeiro paso, apuntou, permite agora ao Concello centrarse nas demais reivindicacións trasladadas polos traballadores.

Segundo detallou, o Goberno local prevé convocar nos próximos días unha reunión cos representantes sindicais para avaliar a proposta enviada e continuar coa negociación. “Temos previsto convocar unha xuntanza en breve para valorar o documento e confiamos en poder chegar a un acordo canto antes para volver á normalidade”, afirmou.

A concelleira subliñou que o Executivo municipal mantén activo o traballo interno para analizar o conxunto de peticións e buscar unha saída estable ao conflito. Recordou, ademais, que a situación actual “é herdada e responde a un problema estrutural arrastrado desde hai anos”.

Louzao incidiu en que o obxectivo do Goberno é dar resposta ás demandas inmediatas e, ao mesmo tempo, impulsar medidas que permitan mellorar o número de efectivos e evitar que episodios similares se reproduzan no futuro. “Queremos solucionalo de maneira integral, atendendo ás necesidades dos corpos de seguridade e garantindo un funcionamento estable dos servizos municipais”, concluíu.

ÚLTIMAS

Santiago asfalta preto de 10.000 metros cadrados de vías urbanas e rurais nas últimas semanas

O Concello de Santiago levou a cabo nas últimas semanas diversas actuacións de mellora...

Compostela move ficha cos orzamentos de 2026: máis de 148 millóns a debate na Comisión de Facenda o día 17

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, avanzou que o goberno municipal convocará o vindeiro...

O Son do Camiño esgota todos os abonos para a súa edición de xuño en Santiago

O festival O Son do Camiño volveu esgotar todos os seus abonos para a edición...

O BNG denuncia deficiencias no transporte público entre Bertamiráns, O Milladoiro e Santiago

O Bloque Nacionalista Galego denunciou as deficiencias do transporte público que conecta o concello...

Santiago asfalta preto de 10.000 metros cadrados de vías urbanas e rurais nas últimas semanas

O Concello de Santiago levou a cabo nas últimas semanas diversas actuacións de mellora...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...