InicioCULTURAO XVIII Premio Compostela Álbums Ilustrados xa ten gañadoras

O XVIII Premio Compostela Álbums Ilustrados xa ten gañadoras

A autora milanesa Arianna Squilloni e a ilustradora madrileña Raquel Catalina Ledesma foron as gañadoras do XVIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado co proxecto titulado 'Grande e pequena'. Ademais, a obra 'A espera' de María Paz García Finch, de Santiago de Chile, recibiu unha mención especial por parte do xurado.

Publicado o

Xornal de Compostela

A autora milanesa Arianna Squilloni e a ilustradora madrileña Raquel Catalina Ledesma foron as gañadoras do XVIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado co proxecto titulado ‘Grande e pequena’. Ademais, a obra ‘A espera’ de María Paz García Finch, de Santiago de Chile, recibiu unha mención especial por parte do xurado.

O premio, organizado pola editorial Kalandraka e o Concello de Santiago, conta cunha dotación económica de 9.000 euros e leva a publicación da obra gañadora en galego, catalán, eúscaro, castelán e portugués no mes de novembro. ‘Grande e pequena’ impúxose nunha edición do galardón ao que se presentaron 288 proxectos, 70 máis que na anterior, procedentes de 16 países: Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, España, Estados Unidos, Francia, Honduras, Israel, Italia, México, Perú, Polonia, Portugal e Turquía.

Da obra gañadora, os membros do xurado destacaron que se trata dun traballo que “responde perfectamente o concepto de álbum ilustrado, onde o texto e a ilustración compleméntanse de forma harmónica”. Así mesmo, sinalaron que é un álbum “cun sutil fondo poético e de múltiples lecturas: o paso do tempo, a memoria, a natureza, a arte…”.  Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, cualificou o galardón de “premio consolidado”, do que destacou “a súa calidade, o número de proxectos e a variedade de países de procedencia das obras”.

O xurado estivo conformado pola ilustradora Mariana Río; a xestora cultural e editora Raquel López Royo; o deseñador gráfico, artista plástico e ilustrador Pep Carrió; o pintor, deseñador gráfico e ilustrador Xosé Cobas; e a directora editorial de KALANDRAKA, Manuela Rodríguez. Ademais, a alcaldesa e, por delegación, a concelleira de Educación, Míriam Louzao, actuaron como presidentas do xurado; e a técnica do Departamento de Educación, Beatriz Varela, como secretaria.

ÚLTIMAS

“Muller, abrigo”: o mural que acolle un barrio enteiro

O sol, filtrado polas nubes finas de agosto, deixa caer unha luz dourada sobre...

A USC, por baixo das 500 mellores universidades do mundo

Só 10 universidades españolas sitúanse entre as 500 mellores do mundo, segundo o Ranking Académico...

O Concello reduce ao imprescindible o uso municipal da auga ante a redución continuada do caudal do Tambre

O Concello de Santiago reduciu ao imprescindible o uso municipal de auga e anima...

Buscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do cemiterio de Boisaca

A Policía Local de Santiago de Compostela busca ao sospeitoso de orixinar un incendio xunto ao...

“Muller, abrigo”: o mural que acolle un barrio enteiro

O sol, filtrado polas nubes finas de agosto, deixa caer unha luz dourada sobre...

O Festival C homenaxea a tradición oral galega co ciclo ‘Por que non cantades todas?’

O Festival C incorpora nesta edición unha nova proposta escénica centrada na tradición oral...

Melodiam, Slimak, Sara Gimeno e Lontras actúan esta semana no ciclo ‘Atardecer no Gaiás’

O ciclo 'Atardecer no Gaiás' continúa esta semana coa participación de catro propostas musicais...