InicioCULTURAMelodiam, Slimak, Sara Gimeno e Lontras actúan esta semana no ciclo 'Atardecer...

Melodiam, Slimak, Sara Gimeno e Lontras actúan esta semana no ciclo ‘Atardecer no Gaiás’

O festival achega ao público compostelán a diversidade e creatividade da nova música galega con catro propostas destacadas

Publicado o

Xornal de Compostela

O ciclo ‘Atardecer no Gaiás’ continúa esta semana coa participación de catro propostas musicais galegas que representan diferentes estilos, xeracións e formas de entender a creación sonora. Os concertos, organizados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, celebraranse os días xoves 7 e venres 8 de agosto ás 21:00 na praza central da Cidade da Cultura, con entrada libre e gratuíta.

O xoves 7, subirase ao escenario Melodiam, dúo integrado polas pontevedresas Almudena Díaz e Carlota Vázquez, que desenvolven a súa carreira desde Berlín. A súa proposta combina electrónica urbana, letras luminosas e coidado estético, nunha aposta pola introspección sonora con vocación universal.

O venres 8 será a quenda para os gañadores da categoría de Música do certame Xuventude Crea 2024, que protagonizarán unha xornada tripla. Iniciará o concerto o trío Slimak, formado por Pablo Sexto Rosende, Roi Alfonso Tojo e David Somavilla Herrera, cunha proposta de música contemporánea centrada no saxofón, e que lles valeu o terceiro premio coa interpretación das pezas Panani Lost e Valse.

A continuación, actuará a cantante Sara Gimeno, natural de Cangas, quen foi recoñecida co primeiro premio por unha proposta que reinterpreta o R&B desde unha óptica persoal e intimista, con temas como Quérote e Dans les rues de Bordeaux.

Pechará a noite Lontras, banda viguesa galardoada co segundo premio do certame, formada por Juan Arca, Zalo Rodríguez e Sunil López. O seu estilo inclúe referencias ao jazz, a música electrónica, o pop alternativo e a improvisación, facendo que cada directo sexa unha experiencia distinta.

Estas actuacións forman parte da programación musical galega do festival, que inclúe un total de once propostas do país. Nomes como The Rapants, Eris Mackenzie, Dirty Suc, Lua de Santana, La Toñi, Mocho Gris ou o DJ compostelán Kike Varela completan o cartel dunha edición que busca reflectir a riqueza sonora do momento actual.

A presente edición de ‘Atardecer no Gaiás’, a número quince, rematará o 21 de agosto cunha sesión especial protagonizada por Futurachicapop e Kike Varela DJ, pechando así un ciclo que se insire na campaña ‘Para gustos, cultura’, promovida pola Xunta de Galicia. Esta iniciativa abrangue máis de 3.400 actividades culturais en 200 concellos galegos ao longo do verán, con propostas que van desde concertos a obradoiros, exposicións ou teatro.

ÚLTIMAS

Diego Adrián Mallo presenta a súa candidatura á Alcaldía de Santiago por UCIN para 2027

Diego Adrián Mallo presentou este sábado de maneira oficial a súa candidatura á Alcaldía...

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

A CIG denunciou a través dun comunicado o "bloqueo" sistemático da mobilidade interna no...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

Ryoichi Kurokawa volve a Curtocircuíto cun programa de concertos audiovisuais que conecta son, imaxe e tecnoloxía

Curtocircuíto reforzará nesta edición a súa liña dedicada á creación audiovisual en directo cunha...

O Son do Camiño esgota as entradas do venres e pon rumbo ao seu pleno absoluto

O Son do Camiño volve camiño do cheo absoluto. A organización do festival confirmou...

Un percorrido polo simbolismo das estatuas do Mestre Mateo

Dúas estatuas repousan hoxe, senlleiras, no Museo do Pobo Galego. Abraham e Isaac —ou...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here