InicioSANTIAGOSantiago prepara os últimos pasos para a declaración como zona de vivenda...

Santiago prepara os últimos pasos para a declaración como zona de vivenda tensionada

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, presentou este venres en rolda de prensa estas medidas, que levará á segunda reunión da mesa sectorial o 22 de maio para, despois, realizar os últimos cambios sobre elas.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago ultima a petición de declaración de mercado residencial tensionado, que presentará á Xunta xunto a un plan de medidas correctoras, redactado dentro das competencias municipais. Estas terán dúas liñas principais de actuación: optimizar o parque residencial e aumentar a vivenda protexida.

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, presentou este venres en rolda de prensa estas medidas, que levará á segunda reunión da mesa sectorial o 22 de maio para, despois, realizar os últimos cambios sobre elas. A continuación, a solicitude debe ser aprobada pola xunta de goberno local. Unha vez sexa remitida oficialmente á Xunta, a administración autonómica terá seis meses para resolvela.

En canto á optimización do actual parque residencial, o Concello pretende seguir actuando sobre as Vivendas de Uso Turístico (VUT) e promoverá unha colaboración entre Xunta e municipio para mobilizar a vivenda baleira, entre outras medidas.

Respecto diso do aumento da vivenda protexida, o plan contempla a construción e rehabilitación de pisos municipais e incorporación de vivenda desta categoría no centro urbano. Ademais, a declaración de zona tensionada permitirá á localidade acceder a fondos estatais, segundo contempla a lexislación.

 

ÚLTIMAS

Santiago mantén o obxectivo de aplicar a taxa turística este outono

A portavoz do goberno local de Santiago de Compostela, Miriam Louzao, defendeu este luns...

Cristian Silva presenta o seu novo disco ‘Un home tranquilo’ en Santiago

O 12 de outubro ás 19:30, a Sala Capitol de Santiago acollerá a presentación...

Brión incorpórase ao sistema VioGén para reforzar a protección das vítimas de violencia de xénero

O Concello de Brión formalizou hoxe a súa adhesión ao sistema VioGén, impulsado polo...

Investigadores da USC avanzan en biomarcadores sanguíneos para detectar o risco de Alzheimer

O persoal investigador do Instituto de Psicoloxía da USC e do IDIS, avanzaron na...

A VII Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela abordará saúde, innovación e igualdade

A Aula Magna da Facultade de Química da Universidade de Santiago acollerá o 26...

Ryanair aplicará un ERE a cen empregados de asistencia en Santiago que piden axuda a Sánchez e Rueda

Ryanair presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo para un centenar de...

O Concello de Santiago propón cambios no IBI e aproba unha nova ordenanza do lixo

O concelleiro de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Manuel...