InicioSANTIAGOO programa ‘Revelando Compostela’ propón roteiros para descubrir o rural e recuperar...

O programa ‘Revelando Compostela’ propón roteiros para descubrir o rural e recuperar a memoria da cidade

Os percorridos inclúen andainas e saídas en bicicleta por aldeas, camiños históricos e espazos simbólicos de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

A Concellaría de Centros Socioculturais de Santiago lanza unha nova edición do programa ‘Revelando Compostela’, unha iniciativa que busca dar a coñecer espazos rurais e urbanos da cidade desde unha perspectiva patrimonial, histórica e reivindicativa. Tal e como explicou o concelleiro Xan Duro, o obxectivo é que “os veciños e veciñas se acheguen a zonas do municipio que aínda son grandes descoñecidas” e tamén que poidan redescubrir lugares cotiáns cun novo ollar sobre a súa historia e significados.

O programa estrutúrase en dúas liñas principais: os ‘Camiños e aldeas con historia’, centrados na zona rural, e os ‘Roteiros de autor’, que percorren espazos da cidade e da súa contorna con foco na memoria colectiva e os relatos esquecidos.

CAMIÑOS E ALDEAS CON ESCOLA

Entre o 3 e o 23 de maio, están previstas tres andainas a pé de arredor de 10 quilómetros, con saídas desde diferentes centros socioculturais. Os participantes poderán coñecer a aldea do Bargo, Miramontes e Marzo de Arriba, visitar os muíños de Bálsoma e A Xesteira, ou achegarse ao Castro de Formarís e á antiga estación da Sionlla.

A estas propostas súmanse dúas rutas en bicicleta de 25 quilómetros cada unha, previstas para os días 4 e 11 de maio, con percorridos polas ribeiras do Tambre e polo Monte da Costa Negra. Estas actividades están dirixidas a persoas maiores de 14 anos.

ROTEIROS DE AUTOR

O apartado urbano e periurbano do programa comeza o 14 de maio cun roteiro sobre os pazos de Compostela, que se repetirá debido á súa boa acollida nas datas de Nadal. O 19 de maio, o percorrido trasladarase á contorna do río Sarela, e o 24 de maio ofrecerase unha visita teatralizada ao Casino de Santiago, unha oportunidade para coñecer este espazo histórico desde unha óptica lúdica e cultural.

Xa en xuño, o programa sumará actividades arredor do Orgullo LGTBI, co roteiro ‘Orgullosos de Lorca en Compostela’ o día 12, que permitirá identificar espazos vinculados á presenza e memoria de Federico García Lorca na cidade.

O 19 de xuño terá lugar o roteiro ‘Freiras e non tan submisas’, con saída desde o convento de Santa Clara, centrado nas mulleres que atoparon nos conventos espazos de liberdade e autonomía nun tempo de fortes limitacións sociais.

O ciclo pecharase o 26 de xuño cun percorrido polos cafés históricos de Santiago, incluíndo locais como o Suízo, o Español, o Quiqui Bar ou o Derby, que marcaron época na vida cultural da cidade.

PARTICIPACIÓN E INSCRICIÓN

Cada roteiro contará cun máximo de 20 prazas, e será necesario inscribirse previamente no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, na cidade histórica, ou chamando ao teléfono 981 542 456. A iniciativa está pensada para fomentar a participación cidadá e o coñecemento compartido do territorio, a historia e a identidade de Compostela, abrindo novas vías para vivenciar a cidade máis alá dos espazos habituais.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here