InicioECONOMÍAO Concello de Santiago distingue a 131 empresas e servizos coa distinción...

O Concello de Santiago distingue a 131 empresas e servizos coa distinción de calidade turística

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago entregou as distincións do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino (SICTED) a 131 empresas e servizos turísticos do municipio, cinco máis que o ano pasado e máis do dobre das 60 que se conseguiron no 2018, cando se recuperou o traballo neste sistema de calidade.

Segundo trasladou o mesmo Concello, Turismo de Santiago continúa deste xeito “fomentando a calidade no sector turístico da cidade”, nun proxecto no que conta co apoio da Deputación da Coruña. A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, destacou no acto, celebrado este mércores na Casa dás Asociacións de Cornes, que “a calidade é unha ferramenta necesaria para desarollar un novo modelo turístico na cidade, que aposte máis polo valor engadido que polas meras cifras”.

Míriam Louzao tamén fixo unha mención especial ao esforzo que se está facendo nas redes sociais do SICTED para mellorar a notoriedade na contorna dixital, tanto de Compostela como destino como de cada unha das empresas distinguidas. Este esforzo obtivo o segundo premio á Mellor visibilidade do destino en medios, entregado en Fitur.

O deputado provincial, Xosé Penas, fixo referencia ao patrimonio, que implica “o respecto máximo polo que nos rodea; o patrimonio inmaterial dun país milenario e mesmo o medio ambiente e a paisaxe que nos converten nun territorio singular”.

ÚLTIMAS

A burra, a mesa e o pau: o retrato da familia obreira galega

O pasado 6 de Marzo estreouse no Salón Teatro un espectáculo da man do...

O Hostal dos Reis Católicos renovará a súa imaxe con obras por valor de 36 millóns de euros

O Hostal dos Reis Católicos, un dos símbolos máis recoñecidos da cidade de Santiago...

Santiago aproba unha nova ordenanza de residuos para reforzar a reciclaxe orgánica

A xunta de goberno local de Santiago de Compostela deu luz verde á nova...

Esta semana entran en vigor o descontos nas peaxes da AP-53, entre Lalín e Santiago

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, anunciou que os descontos nas peaxes...

Esta semana entran en vigor o descontos nas peaxes da AP-53, entre Lalín e Santiago

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, anunciou que os descontos nas peaxes...

A Cámara de Comercio de Santiago organiza unha xornada para explicar a nova instrución de Compra Pública Ecolóxica

A Cámara de Comercio de Santiago celebrará unha xornada informativa en formato webinar destinada...

Unha fregona de 18 metros no Obradoiro: limpadoras fan o tramo final do Camiño en busca de condicións “dignas”

Integrantes do sector da limpeza de Galicia realizaron a etapa final do Camiño de...