InicioECONOMÍAEsta semana entran en vigor o descontos nas peaxes da AP-53, entre...

Esta semana entran en vigor o descontos nas peaxes da AP-53, entre Lalín e Santiago

Besteiro pon en valor que o Goberno de Pedro Sánchez poña en marcha "os primeiros descontos da historia nesta vía"

Publicado o

Xornal de Compostela

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, anunciou que os descontos nas peaxes da autoestrada AP-53, que une Lalín e Santiago de Compostela, activaranse esta semana. “Con estas bonificacións, un vehículo lixeiro que use a autovía todos os días poderá aforrarse 315 euros e un camión de catro eixos ata 420 ao mes“, sinalou o ministro nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social ‘X’ na xornada na que o Consello de Ministros aproba o decreto con esta medida.

Sobre este asunto e en declaracións remitidas aos medios, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lembrou que esta autoestrada foi “durante máis de dúas décadas unha das máis caras de España, sen descontos, sen alternativas e esquecida polos gobernos do PP”. “Hoxe, grazas aos socialistas, isto cambia”, sinalou para pór en valor que o Goberno de Pedro Sánchez poña en marcha “os primeiros descontos da historia nesta vía”.

Así, indicou que as viaxes de volta serán gratuítas e que haberá rebaixas desde ata o 75 % para os usuarios frecuentes, así como bonificacións para os camións. “Un alivio real para as familias, para os traballadores, para quen máis o necesita. Grazas aos socialistas, por fin, a AP-53 deixa de ser unha inxustiza”, destacou.

ÚLTIMAS

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Santa Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a ampliación do hospital

A ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) centrou boa parte da reunión...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

Santiago aproba a reforma da rúa de Mallou por 1,3 millóns e avanza na regulación do comercio da Cidade Histórica

A Xunta de Goberno local aprobou este luns unha serie de acordos relacionados coa...

O helicóptero do 061 con base en Santiago permanece inoperativo dende o venres por un problema de documentación

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago leva sen operar dende o...

Rosa Crujeiras, Proxecto Vagalume e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, galardoados coas ‘Meninas’ 2026

A reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a excongresista Carmen Marón; a presidenta da...