InicioSANTIAGOO Concello de Santiago coordinarase con Aena para minimizar o impacto do...

O Concello de Santiago coordinarase con Aena para minimizar o impacto do peche do aeroporto de Lavacolla en 2026

Míriam Louzao destaca a importancia da obra de mellora e asegura a coordinación para facilitar a chegada de turistas desde outros aeroportos

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz municipal do Goberno local de Santiago, Míriam Louzao, confirmou este luns en rolda de prensa que o Concello traballará de forma coordinada con Aena para que o impacto do peche do aeroporto de Lavacolla, previsto entre abril e maio de 2026, sexa ‘o menor posible’. O obxectivo, segundo Louzao, é facilitar que os turistas ‘poidan chegar a Compostela desde os outros aeroportos’ durante os 35 días de peche da terminal compostelá.

A obra, que inclúe a renovación do pavimento da pista e a mellora dos sistemas de aterraxe con baixa visibilidade, está valorada en 31,6 millóns de euros. Míriam Louzao subliñou que o proxecto é ‘moi importante para que o aeroporto quede en condicións óptimas de face ao ano 2027’ e insistiu en que se traballa xa en coordinación co director da terminal compostelá para deseñar un plan de actuación que permita mitigar os efectos deste peche temporal.

GRATUIDADE DA AP-9

Ademais, a portavoz municipal referiuse á reunión convocada pola alcaldesa Goretti Sanmartín para o próximo 7 de marzo no Pazo de Raxoi, coa intención de impulsar unha postura conxunta a favor da gratuidade da AP-9. Louzao indicou que ‘moitos concellos amosaron o seu interese en asistir’ e destacou a importancia de manter unha ‘postura de país’ para evitar ‘accións localistas’.

‘Galicia é o lugar do Estado que máis peaxes paga, polo que entendemos que ten que haber unha postura conxunta a favor da gratuidade da AP-9’, afirmou Louzao. Tamén deixou aberta a posibilidade de que a reunión se realice coa colaboración da Fegamp ou doutras institucións, sempre que se manteña o obxectivo de alcanzar un acordo colectivo.

FORMACIÓN DE MEDICINA EN SANTIAGO

Por outra banda, Louzao foi cuestionada sobre o proceso iniciado pola Consellería de Sanidade para avaliar a posibilidade de que parte do grao de Medicina se imparta nas áreas sanitarias de Vigo e A Coruña. A portavoz municipal manifestou que o Concello escoitará a opinión da USC e prestará o seu apoio á institución universitaria na decisión que tome respecto a esta proposta.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...