InicioSOCIEDADEFalece José María Díaz Fernández, o que fora deán da Catedral de...

Falece José María Díaz Fernández, o que fora deán da Catedral de Santiago cando se produciu o roubo do Códice Calixtino

Naquel momento, outubro de 2011, Díaz amosouse "consternado" e expresou o seu desexo de renunciar tamén ao cargo de deán, con todo, esta petición foi rexeitada polo que fora arcebispo de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O que fora deán da Catedral de Santiago cando se produciu o roubo do Códice Calixtino, José María Díaz Fernández, faleceu este domingo. Así o confirmou a Diocese de Mondoñedo-Ferrol a través dun post no seu perfil da rede social X, onde adiantou que o funeral do relixioso celebrarase este luns na catedral de Mondoñedo ás 17.00 horas.

Cómpre lembrar que en outubro de 2011, José María Díaz renunciou ao cargo de cóengo arquiveiro, que ocupaba desde facía 36 anos, a raíz do roubo, en xullo dese mesmo ano, do Códice Calixtino do Arquivo da Catedral. Naquel momento, Díaz amosouse “consternado” e expresou o seu desexo de renunciar tamén ao cargo de deán, con todo, esta petición foi rexeitada polo que fóra arcebispo de Santiago.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...