InicioSANTIAGOCando o verde non chega: semáforos que tardan en cambiar e peóns...

Cando o verde non chega: semáforos que tardan en cambiar e peóns que prefiren non agardar

A cidadanía reclama a revisión dos pasos de peóns tras esperas de ata dous minutos en rúas como Rosalía de Castro ou Xoán Carlos I

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Os tempos de espera nos semáforos de Santiago están a xerar un número crecente de queixas entre a veciñanza, especialmente en zonas como a rúa Rosalía de Castro ou a avenida de Xoán Carlos I, onde moitas persoas confesan que cruzan en vermello pola longa duración do vermello e o curto intervalo do verde. A situación repítese en puntos como o semáforo da rúa da Fonte de Santo Antonio, fronte ao Derby, onde o ciclo completo chega aos 1:40 minutos, facendo longa a espera, especialmente en horas punta ou con mal tempo.

Na rúa Rosalía de Castro, fronte á rúa  que dá acceso ao campus universitario, moi transitada por estudantes todas as mañás, o semáforo tarda 1:30 minutos en cambiar a verde, o que levou a varias persoas entrevistadas por Xornal de Compostela a admitir que cruzan cando aínda está en vermello. “Agora considero que esta situación está bastante mal”, afirmou unha moza nun dos pasos de peóns da zona. “O tempo é súper curto para cruzar e a espera súper longa. Eu acabo cruzando en vermello, e iso é perigoso”, engadiu.

Outras persoas coinciden. “Tarda bastante en poñerse en verde e téñoo cruzado en vermello máis dunha vez”, comentou outra rapaza no mesmo punto. Un rapaz engadiu que “tarda a de Deus e xente ten moi pouco tempo”.

Na avenida de Xoán Carlos I, a situación repítese. Dúas mozas recoñecen que, en días nos que van con présa, optan por cruzar aínda que o semáforo estea en vermello se non vén ningún coche. “Levamos présa e sen non ven ningún coche, pasamos”, comentaron.

Durante a campaña municipal de 2023, a actual alcaldesa e por aquel entón candidata, Goretti Sanmartín, xa recollía estas demandas da veciñanza e comprometíase a revisar os tempos dos semáforos da cidade. ▶️“Está aprobado en pleno que se faga a revisión de todos os pasos de peóns para que á xente lle dea tempo”, aseguraba entón. Sanmartín destacaba a dificultade de persoas maiores ou con mobilidade reducida, que ás veces “nin cruzan en verde porque saben que non lles vai dar tempo”. “Hai problemas graves para iso”, concluía.

A situación actual pon de manifesto que esa revisión aínda non se concretou, malia estar acordada no Pleno. A realidade nos pasos de peóns composteláns é que as esperas prolongadas e o escaso tempo para cruzar están levando a unha práctica habitual e perigosa: cruzar en vermello. Un hábito que, alén de supoñer un risco evidente, revela un problema estrutural de mobilidade peonil na cidade.

A demanda cidadá apunta a unha solución que non require grandes investimentos: axustar os tempos dos semáforos para facer máis amable e segura a mobilidade a pé en Santiago, especialmente nas zonas con máis tránsito ou poboación vulnerable.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Santiago acolle o Foro Galego de Cooperación e Solidariedade con chamamentos a reforzar o compromiso institucional

O Centro de Recursos e Servizos de Apoio Empresarial (CERSEA), en Santiago de Compostela,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here