InicioSANTIAGOA USC participa nun proxecto de IA para alertar de cianotoxinas nas...

A USC participa nun proxecto de IA para alertar de cianotoxinas nas augas

Esta iniciativa é multidisciplinar, pois ademais da IA, incorpora os últimos avances en modelización matemática, nanosensores e teledetección

Publicado o

Xornal de Compostela

O proxecto AIHABs, dirixido polo grupo de Hidrobiología da Universidade de Santiago de Compostela (USC), é un proxecto internacional que pretende crear un sistema de alerta capaz de predicir a aparición e a propagación de cianobacterias produtoras de toxinas en encoros a través da intelixencia artificial (IA).

Esta iniciativa é multidisciplinar, pois ademais da IA, incorpora os últimos avances en modelización matemática, nanosensores e teledetección. Para poder levala a cabo, tomáronse mostras de augas do río Miño, concretamente da presa de Belesar, en nove campañas entre 2022 e 2024 en colaboración coa Comandancia Naval do Miño.

Así mesmo, a German Research Centre for Geosciences, Remote Sensing and Geoinformatics (GFZ) realizou imaxes hiperespectrales das augas con varios satélites e un dron ese mesmo día para analizalas e poder determinar correlacións.

A Universidade Autónoma de Madrid (UAM) foi a encargada de realizar as análises xenéticas e tóxicos das mostras de auga tomadas nos que se mostraron unha gran concentración de cianobacterias de distintos tipos.

Doutra banda, o International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) de Portugal conta xa cun prototipo autónomo que será capaz de analizar as cianotoxinas da auga e enviar a información extraída aos satélites.

Finalmente, a University of South Bohemia (República Checa) está a desenvolver unha intelixencia artificial baseada en algoritmos que “integrará as concentracións de toxinas presentes no medio segundo as imaxes dos satélites para predicir o inicio da multiplicación explosiva das cianobacterias produtoras de toxinas e alertar dos perigos da presenza destas nas augas”.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...