InicioPOLÍTICARueda pide ao Apóstolo Santiago a restaurar a "credibilidade das institucións" nun...

Rueda pide ao Apóstolo Santiago a restaurar a “credibilidade das institucións” nun país “manchado por prácticas impropias”

O presidente da Xunta, delegado rexio na Ofrenda, pide superar a polarización e avanzar cara a unha Galicia próspera

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, protagonizou este xoves 25 de xullo a tradicional Ofrenda ao Apóstolo Santiago como delegado rexio, un acto solemne celebrado no marco da misa do Día de Galicia na Catedral compostelá. No seu discurso, pronunciado diante das principais autoridades políticas e militares da comunidade, Rueda aproveitou para lanzar unha mensaxe de fondo político, na que reclamou ao Apóstolo “inspiración e acerto para quen goberna” nunha España que definiu como “enfrascada na polarización extrema” e “manchada por prácticas impropias de persoas decentes”.

Ante o altar maior da Catedral, o presidente da Xunta solicitou recuperar “a integridade e o respecto á lei”, así como “a credibilidade e a lexitimidade de organizacións e institucións”. Na súa intervención, reiterou a súa preocupación pola situación política e institucional no conxunto do Estado, e pediu ao patrón que guíe os pasos daqueles “que se enfrontan á toma de decisións que repercuten na vida dos demais”.

Rueda tamén fixo unha mención específica a Galicia, invocando ao Apóstolo para que “inspire o camiño dunha terra próspera”, e apelou a construír un futuro baseado na estabilidade e o progreso. O mandatario galego foi o encargado de entregar a ofrenda en nome do rei, seguindo a tradición que se mantén cada 25 de xullo, coincidindo coa festividade do Apóstolo Santiago.

Na Eucaristía, presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, participaron representantes civís e militares de distintas institucións, entre eles o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices Vieira; o delegado do Goberno, Pedro Branco; e o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acudiu previamente ao acto de saúdo ás autoridades na Praza do Obradoiro, momento no que recibiu os distintos representantes institucionais que participaron na cerimonia relixiosa.

O acto da Ofrenda ao Apóstolo, que mestura simbolismo relixioso e proxección política, mantén a súa relevancia institucional no calendario oficial galego. Nesta ocasión, o discurso do presidente da Xunta reforzou o ton reivindicativo das últimas edicións, facendo fincapé na situación do Estado e na necesidade de recuperar valores que, segundo dixo, se están perdendo na vida pública.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...