InicioPOLÍTICAUn 25 de xullo marcado pola chamada á xustiza social e á...

Un 25 de xullo marcado pola chamada á xustiza social e á integración

A situación das persoas migrantes protagonizou as intervencións de Sanmartín e Rueda, que apelaron á memoria emigrante de Galicia.

Publicado o

Xornal de Compostela

A situación das persoas migrantes centrou boa parte das intervencións institucionais durante os actos do 25 de xullo, Día de Galicia. Tanto o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, na súa homilía na Catedral, como a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, durante a recepción ao delegado rexio, puxeron o foco na acollida e no respecto aos dereitos humanos. A rexedora nacionalista, como é habitual, non asistiu á misa, pero saudou as autoridades no Hostal dos Reis Católicos, onde tivo lugar a tradicional recepción por mor das obras no Pazo de Raxoi.

Durante o seu discurso, Sanmartín definiu Compostela como un “lugar de acollida” e puxo en valor a sensibilidade do Concello cos colectivos migrantes: “Entendemos moi ben a quen foxe da fame e da guerra”, afirmou, alertando tamén contra “tempos de involución e retroceso”. A alcaldesa apelou á convivencia, á integración e á aprendizaxe mutua entre culturas, ademais de chamar á xustiza social como motor das políticas públicas.

Na súa intervención, Alfonso Rueda, como delegado rexio, reivindicou unha “Galicia aberta” e lembrou o pasado emigrante da comunidade para xustificar a necesidade de ofrecer unha “segunda oportunidade” a quen chega en busca dun futuro mellor. Afirmou que esta acollida debe facerse de forma ordenada, con planificación, pero sen esquecer que “moitos familiares nosos tiveron que facer o mesmo”. Tamén apelou á igualdade entre territorios no acceso aos recursos públicos, un principio que, dixo, representa o sentir da maioría dos galegos.

No acto participaron diversas autoridades, como o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o delegado do Goberno, Pedro Blanco; e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, entre outros cargos institucionais. Rueda fixo referencia á entrega das Medallas de Galicia, destacando a concedida á Princesa de Asturias, mentres que Sanmartín destacou a recuperación das estatuas do Mestre Mateo, “que nunca deberon saír do noso termo municipal”.

ÚLTIMAS

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...