InicioPOLÍTICAO TSXG falla a favor de Santiago e apoia a declaración de...

O TSXG falla a favor de Santiago e apoia a declaración de ineficacia da comunicación previa para as VUT

Así, non é necesario tramitar por parte da Administración un expediente de reposición da legalidade urbanística

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) retificou fallo dun xulgado de Santiago e dá a razón ao Concello ao declarar conforme a dereito a declaración de ineficacia da comunicación previa dunha vivenda de uso turístico (VUT). Deste xeito, non é necesario tramitar por parte da Administración un expediente de reposición da legalidade urbanística. Diso deu conta este luns nunha rolda de prensa a portavoz do goberno local, Miriam Louzao, quen compareceu ante os medios tras a reunión da xunta de goberno local.

Na súa intervención, explicou que o TSXG desestima o recurso da demandante, interposto ao declarar o seu VUT ineficaz comunicativamente, e confirma o fallo do xulgado contencioso-administrativo número 2 de Santiago.

A concelleira destacou o feito de que, deste xeito, bastaría coa declaración de ineficacia da comunicación previa para o cesamento da actividade, sen que sexa necesario realizar o citado expediente de reposición da legalidade urbanística.

A portavoz do goberno que dirixe Goreti Sanmartín tamén subliñou que na sentenza confírmase “a capacidade dos gobernos locais” para intervir neses casos e “garantir a protección do dereito á vivenda digna”.

E é que, segundo a doutrina do Tribunal Supremo, a intervención da normativa urbanística municipal nestes casos está lexitimada como canle para garantir a protección do dereito á vivenda digna e adecuada sen contravenir a directiva de servizos, pois existen razóns de interese xeral que así o xustifican.

Durante a súa comparecencia, ademais, a edil puxo en valor que o fallo confirma a actuación do concello e a inclusión, na ordenanza municipal que se está tramitando e que levou ao pleno o pasado 24 de xuño, do requisito de que as comunidades de veciños non incluísen nos seus estatutos o veto aos pisos de uso turístico.

Deste xeito, Louzao destacou que o fallo xudicial pon o foco en que non deben esquecerse que o uso de inmobles nunha comunidade como VUT supón, en moitos casos, a existencia de molestinas veciñais e que o Concello non pode ser alleo ao amparo dunha autorización autonómica.

Ademais, conforme sinalou, incide na idea de que non debe confundirse a declaración responsable autonómica para o exercicio dunha actividade de piso turístico coas autorizacións ou permisos municipais, que son independentes e que pertencen ao ámbito competencial urbanístico, propio das administracións locais. O Concello de Santiago destacou que, en total, conta con oito sentencias favorable firmes e dous fallos favorables pendentes de firmeza.

OUTROS ASUNTOS DE INTERESE

Entre os temas tratados na xunta de goberno, Louzao destacou a elección de Rosa Isabel García Agrelo como directoria da área de Cultura e Dinamización Cidadá do Concello de Santiago de Compostela.

Así mesmo, destacou a aprobación dun convenio do goberno local coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para levar a cabo un proxecto con persoas con discapacidade e a adaptación do Centro de Transformación da rúa Codeseira de Vidán á lexislación vixente.

ÚLTIMAS

Verea propón abrir os patios e instalacións deportivas de tres colexios de Santiago as fins de semana

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, anunciou a súa proposta de...

Muíños reclama activar o Pacto Local de Seguridade ante as queixas veciñais e os problemas na Policía Local

O concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños reclamou ao Goberno de Santiago a posta en...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

Santiago reúne preto de 150 persoas na segunda edición de ‘GALIA TECH’ para abordar as aplicacións da intelixencia artificial

Santiago de Compostela acolleu a segunda edición de 'GALIA TECH', unha xornada organizada por...

Verea propón abrir os patios e instalacións deportivas de tres colexios de Santiago as fins de semana

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, anunciou a súa proposta de...

Muíños reclama activar o Pacto Local de Seguridade ante as queixas veciñais e os problemas na Policía Local

O concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños reclamou ao Goberno de Santiago a posta en...

Verea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito polos fondos de vivenda

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, defendeu o diálogo entre administracións no...