InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago apoia no pleno unha declaración institucional en favor...

O Concello de Santiago apoia no pleno unha declaración institucional en favor das persoas afectadas pola ELA

Todos os grupos municipais instan á tramitación da Lei ELA para garantir a cobertura sociosanitaria necesaria

Publicado o

Xornal de Compostela

O pleno do Concello de Santiago aprobou este xoves, na sesión ordinaria de maio, unha declaración institucional avalada por todos os grupos municipais en apoio ás persoas afectadas pola Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), co obxectivo de impulsar a tramitación da Lei ELA.

Nesta declaración, os catro grupos municipais demandan a tramitación desta lei para que “as persoas afectadas por esta cruel enfermidade, familiares e coidadoras, sexan amparadas, en igualdade de trato co resto de persoas enfermas de calquera patoloxía, coa cobertura sociosanitaria que necesitan para poder vivir con dignidade”.

A corporación local quere “usar a súa voz para facer chegar unha petición alta e clara ás Cortes Xerais españolas” para que se tomen as medidas necesarias para “evitar a morte innecesaria e inxusta de persoas enfermas, o esgotamento dos recursos propios e familiares na súa atención e a desesperación das afectadas”.

Ademais, subliñan que esta nova norma “non pode volver ser anulada por trámites burocráticos, por dejamiento lexislativo ou por establecemento doutras prioridades” e destacan que, aínda que non teñen competencias sanitarias, os municipios, “como entidades públicas máis próximas á realidade cotiá da súa poboación” non poden nin deben “dar as costas a aqueles que máis precisan” do compromiso público “para superar o seu día a día”.

TRABALLO DE ASOCIACIÓNS

O Goberno local tamén destacou que a declaración recoñece o traballo realizado polas asociacións de persoas afectadas e entidades colaboradoras, especialmente a asociación AGAELA.

Deste xeito, o Concello comprométese a instar o Estado a que “proceda á tramitación de maneira preferente, urxente e prioritario dunha proposición de lei que recolla as mellores achegas de cada unha das normas aprobadas”, e á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia para que, dentro das súas competencias, “teñan en conta as necesidades do colectivo de pacientes e familiares á hora de deseñar, implementar e aplicar políticas que poidan incidir na mellora da calidade de vida das persoas afectadas”.

Tamén manifesta a súa intención de “continuar prestando apoio público á reivindicación legal contida nesta moción, ata o momento en que a norma sexa publicada e entre en vigor”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...