InicioPOLÍTICAMuíños denuncia atrasos e deficiencias nas obras da DP-7804 e na senda...

Muíños denuncia atrasos e deficiencias nas obras da DP-7804 e na senda de Figueiras

O concelleiro levará ao pleno unha proposta para reclamar actuacións urxentes da Deputación e melloras na seguridade viaria

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños advertiu das queixas reiteradas da veciñanza ante o estado de dúas actuacións impulsadas pola Deputación da Coruña no termo municipal de Santiago: a estrada provincial DP-7804, que conecta coa zona do Val do Dubra, e a senda peonil de Figueiras.

Segundo explicou, no caso do vial provincial, trátase dunha obra adxudicada no ano 2022 que, a día de hoxe, continúa sen rematar e presenta “deficiencias importantes”. Entre elas, destacou a alteración do curso dunha fonte na zona da Peregrina, unha intervención que estaría a xerar problemas de drenaxe no lugar de Barco. “Isto supón un risco tanto para as fincas como para a seguridade da propia vía”, sinalou.

Muíños tamén enumerou outras incidencias detectadas neste tramo, como a presenza de fochancas, desprendementos, ausencia de sinalización horizontal e a existencia dun semáforo instalado hai máis dun ano que segue sen funcionar, o que, segundo indicou, agrava a situación de inseguridade para os usuarios.

En relación coa senda peonil que conecta o Carmen de Abaixo con Figueiras, o edil cualificou o proxecto como “aínda máis preocupante”, ao acumular máis de dous anos de atraso. Ademais, advertiu de que nos treitos xa executados, a senda discorre ao mesmo nivel e co mesmo material que a estrada, o que está a provocar que os vehículos a utilicen como un carril máis. “Isto supón un perigo evidente para os peóns”, afirmou.

O concelleiro anunciou que levará ao vindeiro pleno municipal unha iniciativa para instar á Deputación a corrixir de inmediato as deficiencias na DP-7804 e completar as obras pendentes, así como a retomar a senda de Figueiras “garantindo de verdade a seguridade peonil”. Ademais, reclamará ao Concello que poña en funcionamento o semáforo existente para contribuír a mellorar a seguridade viaria na contorna.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here