InicioPOLÍTICAO PSdeG leva ao Parlamento o debate sobre o colapso da atención...

O PSdeG leva ao Parlamento o debate sobre o colapso da atención primaria en Santiago e reclama un centro de saúde para Castiñeiriño

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, compareceu esta mañá a primeira hora ante os medios para anunciar que o seu grupo trasladará ao Parlamento de Galicia a situación da atención primaria na área sanitaria de Compostela, que cualificou de “absolutamente saturada”. Segundo indicou, a formación socialista reclamará un acceso ás consultas médicas nun prazo máximo de 48 horas e promoverá unha iniciativa específica para a creación dun novo centro de saúde en Castiñeiriño.

Bouza sinalou que, na actualidade, solicitar cita coa médica ou médico de cabeceira en Santiago pode supoñer unha espera de varias semanas. “Temos que esperar case un mes para que nos atenda a nosa médica de cabeceira”, afirmou, ao tempo que apuntou que as demoras tamén afectan ás consultas telefónicas e á renovación de receitas. Ao seu xuízo, esta situación responde a “unha cuestión de modelos” e advertiu de que a cidadanía non debe verse “abocada a acudir á sanidade privada”.

O dirixente socialista asegurou que o seu grupo defenderá na Cámara galega que se garanta a atención en 48 horas, un prazo que, segundo indicou, xa se cumpría noutras etapas. “O que esiximos ao señor Rueda é que repoña a sanidade pública á calidade que se merecen as veciñas e veciños de Santiago”, manifestou.
CENTRO DE SAÚDE EN CASTIÑEIRIÑO

No marco desta iniciativa parlamentaria, o PSdeG tamén reclamará a construción dun novo centro de saúde no barrio de Castiñeiriño, unha proposta que, segundo lembrou Bouza, foi incorporada polo seu grupo ás emendas aos orzamentos autonómicos e que non prosperou polo voto en contra do Partido Popular.

Bouza recordou que o actual portavoz municipal do PP, Borja Verea, anunciou en maio de 2023 a creación deste equipamento sanitario no barrio. “Agardamos que non fora simplemente un anuncio de campaña electoral”, declarou, e preguntou “onde está ese centro de saúde” e “onde están todas esas promesas incumpridas”.

O representante socialista explicou que o barrio experimenta un incremento poboacional vinculado ao desenvolvemento urbanístico, o que, ao seu entender, xustifica a necesidade dun novo dispositivo asistencial. Aínda que non concretou o número de persoas que podería atender, indicou que o crecemento demográfico é “palpable” e que actualmente moita veciñanza está adscrita ao centro de saúde de Concepción Arenal.

Segundo expuxo, o compromiso anunciado incluía seis consultas de medicina, seis de enfermaría e unha de pediatría. O PSdeG levará agora unha iniciativa específica ao Parlamento para que se debata a execución deste proxecto, ademais da situación xeral da atención primaria en Compostela.

BALANCE DA SITUACIÓN MUNICIPAL

Durante a comparecencia, Bouza tamén realizou unha valoración da situación da cidade tras preto de mil días de mandato do actual goberno municipal. Segundo afirmou, Santiago atópase “absolutamente paralizada” e retrocede en servizos públicos básicos.

O portavoz socialista avanzou que o seu grupo continuará presentando propostas e alternativas para, segundo dixo, “recuperar os servizos públicos” e mellorar a calidade de vida da veciñanza.

O PSdeG trasladará así ao Parlamento galego as súas demandas en materia sanitaria, nun contexto marcado nas últimas semanas por mobilizacións en defensa da sanidade pública na cidade.

ÚLTIMAS

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha manifestación pola atención á diversidade

Representantes das organizacións que forman parte da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público...

O muro do antigo cemiterio de Bonaval derrúbase por acumulación de auga no terreo superior

Un treito do muro do antigo cemiterio de Bonaval, en Santiago de Compostela, veu...

A Policía Nacional instala unha carpa informativa exterior tras o incendio na comisaría

A Policía Nacional habilitará unha carpa no exterior da comisaría de Santiago de Compostela...

Augas de Galicia sanciona ao Concello de Santiago pola antiga depuradora de Sar

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, informou este venres da resolución emitida por Augas...

O Concello estuda limitar novos hoteis en edificios completos para frear a perda de vivenda no centro histórico

O Goberno local de Santiago de Compostela está a estudar a modificación dos requisitos...

O PP reclama unha actuación urxente ante o deterioro da antiga oficina de turismo da rúa Ramón Piñeiro

O concelleiro do Partido Popular no Concello de Santiago, José Antonio Constenla, reclamoulle ao...

O Concello de Santiago suspende un mes o servizo de animación para que os traballadores poidan cobrar o paro

O concelleiro de Mobilidade e Convivencia de Santiago, Xan Duro, anunciou este luns unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here