InicioMOV. SOCIAISA Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha manifestación pola...

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha manifestación pola atención á diversidade

A marcha percorrerá Compostela o vindeiro 28 de febreiro para denunciar a falta de persoal ante o "incremento espectacular" de alumnado con necesidades especiais

Publicado o

Xornal de Compostela

Representantes das organizacións que forman parte da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciaron este venres a convocatoria para o vindeiro sábado 28 de febreiro dunha manifestación en defensa da atención á diversidade, a cal terá lugar en Compostela. En concreto, a marcha partirá ás 12.00 horas da Alameda compostelá e percorrerá as rúas da capital galega para demandar medidas que permitan atender a “cada vez maior diversidade que existe nas aulas galegas“.

A presidenta de Anpas Galegas, Isabel Calvete, explicou que “este problema afecta a toda a comunidade educativa, comezando polo alumnado máis vulnerable que é o que ten diagnósticos ou sofre de problemáticas que requiren unha atención especial, pasando polo resto de estudantes que comparten aula e centro educativo”. Pero tamén “polo profesorado que non ten ferramentas para levar a cabo esta atención e, por suposto, as familias“, engadiu; neste sentido, lembrou que no que vai de curso “son moitas as Anpas que están a saír á rúa para visibilizar estas problemáticas”.

Pola súa banda, a secretaria nacional da CIG-Ensino, Laura Arroxo, incidiu na “conflitividade” que se está vivindo este curso e aproveitou para destacar o “incremento espectacular” no número de alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) e con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) nos últimos anos. “Sumado a problemáticas cada vez máis perentorias nas aulas como os trastornos de saúde mental que non están reflectidos nas estatísticas publicadas polo Ministerio de Educación“, segundo lamentou.

Comparativamente, detallou que no período que vai do curso 19/20 ao 23/24 o total de alumnado matriculado en Galicia con necesidades educativas especiais incrementouse sobre todo en infantil, “debido aos diagnósticos máis temperáns pasando de 987 a 2.439 en cifras absolutas”. Aínda que tamén na Formación Profesional, “na que ata hai poucos anos esta non era unha problemática relevante nas aulas”.

“Por suposto, este incremento das necesidades non veu acompañado nin do aumento proporcional de persoal para atender a diversidade nin doutras medidas necesarias como maior persoal docente en xeral para realizar apoios, desdobres ou reforzos en todas as etapas”, debullou a representante sindical.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Os Tédax destrúen en Santiago un proxectil que podería proceder da Guerra Civil

Especialistas do grupo de técnicos especialistas en desactivación de artefactos explosivos, os Tédax da...