InicioPOLÍTICAO PSOE de Santiago alerta dun posible castigo económico a Santiago por...

O PSOE de Santiago alerta dun posible castigo económico a Santiago por non presentar o Goberno local a Conta Xeral de 2024

Abal fala de “consecuencias graves” e critica que o goberno local teña máis cargos directivos que nunca

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira socialista Marta Abal afeou que o Concello de Santiago “aínda non remitiu ao Consello de Contas a Conta Xeral correspondente ao ano 2024”, o que podería ter “consecuencias graves” para o municipio, como a perda de subvencións e doutros recursos económicos “fundamentais”.

Así, Abal, tras lembrar que a documentación foi ratificada en pleno, manifestou que este mesmo luns solicitarán información ao goberno municipal para aclarar “por que non se remitiu a Conta Xeral, cando ten previsto facelo e cales son as consecuencias económicas xa coñecidas deste incumprimento”. Finalmente, a edil socialista lamenta que se deu esta situación cun goberno con “máis cargos directivos que nunca” e que pon “en risco” os recursos económicos da cidade.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras, Maite Flores, María José López Couso e Alba Nogueira comezan a campaña loitando pola reitoría

A campaña electoral á reitoría da USC deu comezo hoxe, 27 de xaneiro, coa...

A Real Filharmonía de Galicia presenta o programa ‘Ao lonxe’ con Raquel Areal como solista convidada

A Real Filharmonía de Galicia vén de presentar ‘Ao lonxe’, un novo programa da...

O PP denuncia o deterioro do asfaltado na avenida do Burgo das Nacións e anuncia unha iniciativa no Pleno

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, vén de denunciar o estado...

A Aula da Natureza de Ames programa un curso avanzado de cestería entre febreiro e marzo

A Aula da Natureza de Ames abrirá o ano 2026 cun curso avanzado de...

O PP denuncia o deterioro do asfaltado na avenida do Burgo das Nacións e anuncia unha iniciativa no Pleno

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, vén de denunciar o estado...

O PP de Santiago proporá retirar todos os radares de Conxo no Pleno municipal

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, levará ao Pleno municipal deste...

O PSdeG de Santiago denuncia a “parálise” da cidade e critica o estilo de goberno municipal

O PSdeG de Santiago alertou esta mañá da situación que, ao seu xuízo, atravesa...